Estade atentos... - Domingo 1 de Advento
ADVENTO - B - 2011
A salvación está xa preto dos que o temen
e a súa gloria habitará na nosa terra (Sa1mo (85, 10)
Todas as persoas temos algunha esperanza, todos ansiamos algo: aprobar nos estudios, conseguir traballo, que aquel ou aquela moza se fixe en nós, ou mesmo que nos toque a Primitiva ...
Hai esperanzas grandes e pequenas, para mañá mesmo ou para un futuro moi afastado, esperanzas xenerosas e mesmo cativas e egoístas. As persoas parecemos feitas desta forma, incapaces de conformamos só co que temos diante e buscando sempre o que hai alén de onde se pon o sol.
Impulsados por unha promesa ou un desexo traballamos, aforramos, esforzámonos, mesmo mentimos ou enganamos, todo por ir máis alá do que temos diante dos ollos.
Este tempo de Advento, de preparación do Nadal, chámanos a ter esperanza e invítanos a non quedarnos nuns desexos pequenos, senón a crer que é posible un mundo novo, xusto e cheo de amor.
O Advento prepáranos para a chegada de Xesús, o Mesías. Nel atopan sentido as nosas esperanzas grandes e pequenas. Primeiro fálanos do futuro e da chegada definitiva de Cristo e durante os últimos días dános a razón para crer que isto é posible: Deus vai facerse home, axiña chegará o Nadal!
GUÍAS NO CAMIÑO
Na espera de Cristo e a través das lecturas da Eucaristía, acompáñannos e guíannos persoeiros da nosa historia da salvación:
- Isaías: que tivo que manter viva a esperanza do seu pobo e que nos anuncia que o Señor xa está chegando, que chega a nosa consolación.
- María: unha mociña de aldea que espera un fillo, algo repetido millóns de veces dende que o mundo é mundo, pero que neste xesto cotián trae dentro de si a salvación que a humanidade espera.
QUE IMOS CELEBRAR
Neste tempo, na Igrexa, utilizaremos símbolos que nos axudarán a entender o que celebramos:
* A cor morada na roupa do sacerdote, símbolo de espera e de purificación, porque ternos que limparnos por dentro para preparar a festa do Nadal.
* Tamén os cantos serán un ha chamada a Deus para que baixe e nos salve, e unha invitación á espera e ó cambio.
* As lecturas da Eucaristía terán un tema común: a espera vixiante, que no último domingo se converterá na espera chea de ledicia do Nadal.
Os cristiáns dicímonos homes de esperanza. Entón .. temos que comportarnos como tal e temas que transmitir esperanza aos demais.
Isto significa optimismo ante o futuro, esforzo para facer que as causas vaian a mellor, ilusión por cambiar nós mesmos e por facer cambiar o que nos rodea.
Desterrar as palabras pesimistas: "a mocidade está perdida", "isto non pasaba antes", "non sei onde imos parar". A marcha do mundo non depende máis que de nós e a nosa fe fálanos dunha terra mellor que nos vai regalar Deus.
EL VÉN!
O Salvador non cesou de vir. Vén diariamente os nosos mundos: a familia, a veciñanza, o barrio, a parroquia. o grupo, o club, a oficina, a fábrica, o obradoiro, o café, o cine, o estadio, e o mundo interior da nosa vida, neste século XXI.
Vén baixo mil disfraces, con mil rostros -diferentes e idénticos-, e mil tons de voz.
Vén na eucaristía, que é o sacramento do seu sacrificio salvador, a súa Vida, a súa Morte e a súa Resurrección ao noso alcance, nos signos do Pan e o Viño. Alimento da nosa liberdade de fillos de Deus e xerme da resurrección da nosa vida. Díxoo El: “Eu son o pan vivo; se alguén come este pan vivirá para sempre”.
Vén nos seus apóstolos. El díxolles: “Como me enviou o meu Pai, así vos envío eu”. (Xn 20,21); “o que vos recibe a vós, a min me recibe; o que vos oe a vós, a min me oe, e o que vos rexeita, rexéitame a min” (Lc 10,16). Vén nos seus apóstolos e repite aqueles xestos de amor aos pobres, aos enfermos, aos desfavorecidos. aos pequenos ...
Vén en todos os homes e mulleres. No carteiro que nos trae a correspondencia, no condutor do autobús, no porteiro, no profesor e no discípulo, no amigo, no noivo, na esposa e nos fillos, no señor que senta ao noso lado no cine, no que nos pisa e nos empuxa ao saír do Metro. Vén en cada unha dos centos de persoas con que tropezamos pola rúa. Estámolo vendo acotío, e nós tan indiferentes e tan estraños!
Vén e recibe como feito a El o que facemos con cada un. Se damos a alguén un vaso de auga, dámosllo a El. Se odiamos a un, odiámolo a El. Se sorrimos, a El chégalle o noso sorriso. Se nos molestamos por alguén, por El molestámonos. Y no día final diranos: “déchesme de beber, sorríchesme, botáchesme unha man...” Ou diranos: “odiáchesme, fuches duro comigo, burlácheste de min, aproveitácheste do meu; roubáchesme o meu, enganáchesme”.
Vén nos pobres. Nos desfavorecidas. Nas mans de todos os necesitados. Nas rostros esfameados dos que teñen fame e nas frontes dos que non ven. Nas pernas ríxidas dos paralíticos e na carne sentenciada dos cancerosos. Vén nos queixumes de todos os oprimidos, os enganados. os explotados…
El vén curar, consolar, comprender, amar, desatar; vén romper cadeas, liberar, vén pór a súa liberdade na nosa escravitude e a súa Resurrección na nosa morte. Vén establecer o seu Reino, que é un Reino universal de verdade e de vida, de santidade e graza, de xustiza, de amor e de paz.
Vén dar á nosa vida a profundidade e a anchura do seu amor, para que a creación enteira recobre a orde e a liberdade que gozaba cando saíu das mans de Deus.
Teófilo Cabestrero
Comentarios
Publicar un comentario