MISA EN GALEGO CICLO B - 1º Dom. Advento (27/11/11)
1º DOMINGO DE ADVENTO - CICLO B
Primeira Lectura Is 63, 16b-17. 19b; 64, 2b-7
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Ai, se rachases o ceo e baixases!
Ti, Señor, es o noso pai,
o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.
Por que, Señor, nos deixaches descarreirar lonxe dos teus vieiros,
e fixeches endurecer o noso corazón apartándose do teu respecto?
Cambia de actitude por amor dos teus servos,
por amor das tribos da túa herdanza!
Ai, se rachases o ceo e baixases!
Coa túa presenza rebulirían os montes.
Baixaches, e coa túa presenza tremeron os montes:
unha cousa que desde antigo nunca se oíra,
pero certo que se nos fixo escoitar:
O ollo non viu fóra de ti ningún deus,
que tal lle faga a quen espera nel.
Atopácheste co que se alegraba e practicara a xustiza,
cos que se lembraban de ti nos teus vieiros.
Velaquí: estabas enfadado porque pecaramos,
pero estaremos sempre nos teus vieiros e salvarémonos.
Todos nós fomos coma un impuro,
e toda a nosa xustiza coma a roupa da menstruante.
Todos nós murchamos coma a folla,
e as nosas iniquidades leváronnos coma o vento.
Non había quen invocase o teu nome,
quen espertase para acollerse a ti,
porque ti escondíchesnos a túa cara,
e alagáchesnos co lote das nosas culpas.
Pero agora, Señor, ti es o noso Pai.
Nós somos o barro e ti es o oleiro,
pois obra das túas mans somos todos nós.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 79, 2ac e 3b. 15-16. 18-19
R/. (4): Restáuranos, Deus, que brille o teu rostro e seremos salvos.
Escoita, pastor de Israel,
que guías o rabaño de Xosé;
ti que sentas sobre os querubíns, resplandece,
esperta o teu poder e ven salvarnos.
Vólvete, Deus dos exércitos,
olla desde o ceo e fíxate,
ven visitar a túa viña,
a videira que plantaches coa túa man,
o bacelo que ti fortaleciches.
Que a túa man protexa o teu elixido,
o home que ti fortaleciches.
Non nos afastaremos máis de ti;
danos vida de novo,
e invocaremos o teu nome.
Segunda Lectura 1 Cor 1, 3-9
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO ÓS CORINTIOS
Esperamos a manifestación do noso Señor Xesús Cristo
Irmáns:
Desexámosvos graza e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Cristo.
Non paro de lle dar grazas a Deus por vós, pola graza de Deus que se vos deu por medio de Cristo Xesús.
Porque por medio del quedastes ricos en todo, nos dons da palabra e do coñecemento: e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en favor de Cristo. De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agardades a revelación do Noso Señor Xesús Cristo.
El é quen vos manterá firmes deica a fin, para que ninguén vos poida acusar de nada no día do Noso Señor Xesús Cristo. Deus é fiel e foi El quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Sal 84, 8
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Amósanos, Señor, a túa misericordia,
e dános a túa salvación.
Aleluia.
Evanxeo Mc 13, 33-37
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Estade á espreita: non sabedes cando vai chegar o señor da casa
Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos:
Estade á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.
É coma un home que foi ao estranxeiro, deixando a casa e mais a facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que facer; e ao porteiro ordenoulle que velase.
Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite pecha, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia ser que chegue de repente, e vos atope durmindo.
E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: Estade en vela!
Palabra do Señor
R/. Loámoste, Cristo
AGARDÁMOSTE, SEÑOR
Sacudidos pola vida cada día,
coa esperanza algo desfeita nos nosos corazóns,
agardamos a túa chegada.
Non é doado manterse en vela,
cansan os corpos e cansan as almas,
adormecemos, e a vida pasa
mentres agardamos a túa chegada.
Menos mal, Señor, menos mal,
que hai un montón de mans cariñosas
que cada día, no teu nome,
se tenden cara a nós para axudamos
e facernos máis aturable a espera.
Menos mal que o mundo abonda
en persoas e grupos vixiantes,
que nos falan de ti coa verdade dos seus feitos
e son para nós promesa certa do teu paso.
Agardámoste, Señor,
abrímosche as portas da casa cando chegas;
no amencer das horas esperanzadas,
no mediodía das horas entusiastas,
na tardiña das horas cansas,
na noite das horas mouras e tristes.
Agardámoste, Señor,
para dar calor en nós ás nosas esperanzas,
para soñar en nós os teus soños de irmandade,
para podermos dar un paso máis cara a diante,
aínda que a carga pese e se nubre a vista,
para poder erguernos cada día con algo de alegría.
Para iso, e para todo o que ti queiras,
agardámoste, Señor.
1.- O trevo da esperanza: recortamos as catro follas dun trevo en cartolina. Colocamos un taboleiro diante do altar. Cada domingo poñeremos en cada folla unha actitude que destacamos durante esa semana e colocarémola no taboleiro. O derradeiro domingo quedará completado o noso trevo de catro follas do Advento. Esta primeira semana a actitude que destacaremos é AGARDAR.
2.- O leccionario aberto, nun lugar ben visible do templo, no Evanxeo do día.
PÓRTICO
O Advento é tempo de conxugar, de conxugar os verbos que van expresando o movemento ao que se nos invita no noso ir abríndonos camiño cara á acollida do Deus que nace. Así: agardar, converterse, velar, orar, confiar, esperar serán o verbos que nos vaian invitando a preparar corazón e cabeza para acoller a Aquel que chega.
Que tamén nós, que hoxe nos xuntamos para comezar este tempo de renovación e preparación interior, saibamos camiñar cos brazos abertos para acoller de verdade, e non no inmobilismo das figuras dos beléns, a quen vén no nome do Señor e se nos manifesta en tantas situacións que precisan da nosa presenza e das nosas manso
O PERDÓN
* Por non dar entendido que o Reino é tarefa, misión, quefacer apaixonante e comunitario ao que todos estamos chamados,
SEÑOR, ESPÉRTANOS E VARRE AS NOSAS RUTINAS.
* Porque somos pesimistas coas persoas e co futuro, como unha defensa e un xeito de non comprometemos coa realidade.,
CRISTO, ESPÉRTANOS E VARRE AS NOSAS RUTINAS.
* Por ter convertido o tempo de Advento nunha carreira de consumismo: roupa folclórica, lotaría, agasallos, comida ... en lugar de descubrilo coma unha nova oportunidade para achegamos a Deus, SEÑOR, ESPÉRTANOS E VARRE AS NOSAS RUTINAS.
REMUÍÑO
Na dificultade que se achega tantas veces na nosa vida, descubrimos a man do "Oleiro" que nos vai modelando á súa imaxe, que é capaz de facer e por en nós canto supón levamos a que, desde a nosa liberdade, poidamos elixir o que nos fai sentírmonos mellor, o que nos converte en persoas felices e con gañas de abrimos á colaboración cos demais. É verdade que moitas veces nós esquecemos, ou ignoramos, esa súa presenza, o seu proxecto, todo canto vai colocando á nosa beira para facemos verdadeiramente humanos. Deste xeito a vida vaise convertendo, pouco a pouco e sen case damos conta, en baleiro, fastío, escuridade ... levándonos a caer na mediocridade más triste e vulgar. A pesares deste noso decidir ser así, El segue ao noso lado, sufrindo e alegrándose daquilo que nós imos facendo; é máis, non só sigue connosco, senón que nos ofrece continuamente oportunidades, situacións, proxectos ... para que tentemos reorientar a vida. Un destes quere ser o Advento, este tempo litúrxico que hoxe comezamos.
O Deus que esperamos e que nos ama, é un Deus sorprendente:
Sorprendente, porque non é un Deus ocasional ou de episodios, é o Deus connosco que quere estar no medio de nós, no centro da nosa existencia, non nas marxes.
Sorprendente, porque pode chegar á noitiña, a medianoite, á amencida ... en calquera momento.
A súa presenza e a súa vinda non está ligada a momentos privilexiados e a lugares especiais.
Sorprendente, porque para acollelo hai que vivir o hoxe en plenitude, o que non significa preparar un espectáculo grandioso na súa honra, senón vivir na súa casa e ser responsables de1a, pois deixouna nas nosas mans e sinalounos a nosa tarefa.
Sorprendente, porque nos invita a discernir os sinais dos tempos, a andar polo vieiro da xustiza, aínda que nos teñamos que familiarizar co conflito.
Sorprendente, porque non vén esixir ou pedir contas, senón a dar.
E este Deus sorprendente que chega en calquera momento ten que ser esperado coas portas abertas de par en par: con mans traballadoras, ollos liberados e corazón cheo de tenrura. Nin o medo, nin a angustia, nin o apuro, nin a despreocupación son actitudes dignas. Hoxe o comezo do Advento é un bo momento para lembrarnos de que:
Con este tempo comezamos unha nova etapa e unha nova oportunidade de salvación.
Que Cristo segue vindo, ás veces baixo a forma dun emigrante, desprazado, marxinado ou
neno; ás veces baixo feitos liberadores e alegres; e non poucas veces baixo a forma de paixón e morte.
Que para descubrilo cómpre ter o oído fino, os ollos limpos, o corazón aberto e comprometerse
no presente con perspectiva de plenitude e futuro, coa mirada fixa nel.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Señor, pos di ante de nós unha nova oportunidade de afondar e revisar a nosa vida. Que estas catro semanas que hoxe comezamos, nos leven, de verdade, a poder vivir con toda a forza a ilusión e a esperanza que nos trae o nacemento de Xesús, caxato no camiño da nosa vida. Nesta confianza, dicimos xuntos:
QUE A NOSA ESPERA DEA FROITOS DE CAMBIO
• Que a Igrexa, nai e mestra, saiba exercer coma tal á hora de presentar este tempo de Advento
como momento privilexiado de cambio e renovación de persoas e estruturas, OREMOS.
QUE A NOSA ESPERA DEA FROITOS DE CAMBIO
• Polas nosas comunidades, para que sexamos pregoeiros da salvación que chama ás nosas portas, visitando aos enfermos, acompañando a quen está só, integrando a quen está esquecido, OREMOS. QUE A NOSA ESPERA DEA FROITOS DE CAMBIO
• Por cada un e cada unha de nós, para que comprometidos de xeito positivo co presente, traballemos por unha sociedade máis xusta e fraternal, axudando a todas as persoas a erguer a cabeza e a descubrir os novos sinais que aparecen no abrente, OREMOS.
QUE A NOSA ESPERA DEA FROITOS DE CAMBIO
Señor, en Ti pomos a nosa confianza, pois sabemos que a pesares das nosas testeiras,Ti sempre segues a confiar en Nós. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Esperarei a que medre a árbore
para que me dea sombra;
pero estercarei a espera
coas miñas follas secas.
Esperarei a que brote o manancial
e me dea auga;
pero despexarei o meu leito
de memorias ilusorias.
Esperarei a que apunte
o amencer e me ilumine;
pero sacudirei a miña noite
de prostracións e sudarios.
Esperarei a que chegue o que non sei
e me sorprenda;
pero baleirarei a miña casa
de todo o enquistado.
E ao estercar a árbore,
despexar o leito,
sacudir a noite e baleirar a casa,
a terra e o lamento abriranse á esperanza.
Entrada: Ven axiña visitamos
Lecturas: Preparade o camiño ao Señor
Ofertorio: Ven, ven, Señor, non tardes
Comentarios
Publicar un comentario