As "outras" cifras da Igrexa

Chámame a atención que tal e como están as cousas ultimamente e a pesares de centros oficiais, axudas sociais, o cobro do paro...  Cáritas é a canle de referencia para saber como vai de verdade o país. Cando non hai a quen recurrir, ou incluso antes que pedir ó Estado, a xente ten sempre tendida a man da Igrexa, pero parece que iso non conta. 


O que si debemos preguntarnos os cristiáns é por que se sempre se fixo tanto ben, a maioría das veces a cambio de nada, e por que a xente sigue mirándonos con xenreira e desconfianza. Chegoume un correo que vos deixo para difundir e esta pregunta para pensar.



Estas son as cifras da Igrexa católica

· 5.141 Centros de ensino; 990.774 alumnos. (Aforran ao Estado 3 millóns de euros por centro ao ano)

· 107 hospitais (Aforran ao Estado 50 millóns de euros por hospital ao ano)

· 1.004 centros; entre ambulatorios, dispensarios, asilos, centros de minusválidos, de transeúntes e de enfermos terminais de SIDA; un total de 51.312 camas (Aforran ao Estado 4 millóns de euros por centro ao ano)

· Gasto de Cáritas ao ano: 155 millóns de euros (saídos do peto dos cristiáns españois.)

· Gasto de Mans Unidas: 43 millóns de euros (do mesmo peto)

· Gasto das Obras Misionales Pontificias (Domund): 21 millóns de euros (Imaxinan de onde sae?)

· 365 Centros de reeducación para marxinados sociais: ex-prostitutas, ex-presidiarios e ex-toxicómanos; 53.140 persoas. (Aforran ao Estado, medio millón de euros por centro)

· 937 orfanatos; 10.835 nenos abandonados. (Aforran ao Estado 100.000 euros por centro)

· O 80 % do gasto de conservación e mantemento do Patrimonio histórico-artístico. (Calculouse un aforro aproximado ao Estado de entre 32.000 e 36.000 millóns de euros ao ano)

A todo isto temos que sumar que case a totalidade de persoas que traballan ou colaboran con Mans Unidas, Cáritas, etc. son voluntarios 'sen soldo' (aínda que a algúns lles estrañe é certo, hai persoas que traballan polos demais sen pedir a cambio un salario), realizando o seu labor para axudar aos demais sen pedir nada a cambio. En canto poderiamos cuantificar o seu traballo?

Esta é a razón pola cal o Estado segue dando algunhas axudas á Igrexa católica, porque lle sae moi, pero que moi barato.

O asombroso é que ninguén (ou moi poucos) saben deste aforro esencial para que a economía española 'vaia ben...'.

Comentarios

Publicacións populares