A vela da vosa voda
Este é un dos textos de voda máis populares.
Fala a vela da vosa voda.
Deixade que arda unha vela o día da vosa voda.
É un símbolo que aluma e acompaña.
Despois de pasados algúns anos debe lembrarvos o que hoxe vos prometestes.
A vela do día da vosa voda rumoréavos ao oído:
"Vino. A miña chama estaba presente
cando vos collestes as mans e regalastes o voso corazón.
Son algo mais que unha simple vea.
Son unha testemuña muda na casa do voso amor
e continuarei vivindo no voso fogar.
Nos días en que brille o sol non necesitardes acenderme.
Pero cando sintades unha gran alegría,
cando un neno estea en camiño
ou calquera outra bela estrela brille no horizonte das vosas vidas, acendédeme.
Acendédeme cando anoiteza,
cando irrompa en vós unha tormenta, cando xurda a primeira pelexa.
Acendédeme cando haxa que dar o primeiro paso e non saibades como;
cando sexa necesaria unha explicación e non atopedes as palabras;
cando queirades abrazarvos e os brazos estean paralizados, acendédeme.
A miña luz será para vós un signo claro.
Fala o seu propio idioma, o idioma que todos entendemos.
Son a vela do día da vosa voda.
Deixádeme arder mentres sexa necesario,
ata que os dous unidos meixela con meixela, poidades apagarme.
Entón direivos agradecida: Até a próxima vez".
Comentarios
Publicar un comentario