O que non espero de ti

Hai que lembrar ó outro e respectalo, para ser parella han de ser dúas almas.






O que non espero de ti


Non espero de ti a perfección,
porque te respecto tal como es,
e non pretendo que non falles nunca,
porque es, coma min, un ser humano.

Non quero saber todos os teus segredos,
sei que es unha persoa aparte.
Nin que cubras todas as miñas necesidades;
porque comprendo que tes esperanzas e soños propios.

Non poño en dúbida a túa forza,
porque sei o lonxe que chegaches,
pero tampouco espero que ti leves toda a carga,
pois eu estou aquí para levala contigo.

Non pido que coñezas todas as respostas:
sei que haberá veces que terás tantas dúbidas coma min.
Só che pido que me contes como amiga/o cando necesites apoio ou alegría,
coma socio nos soños e o futuro,
coma consolo cando necesites esquecer o mundo exterior.

Comentarios

Publicacións populares