PRECÍSANSE VOLUNTARIOS
Adicada especialmente ós nenos que se confirman nestas datas, hoxe hai que ser valente, ser cristián non está "de moda"...
PRECÍSANSE VOLUNTARIOS
Que non teman aos cambios e saiban sacar proveito deles.
Que fagan do seu traballo un obxecto de pracer
e unha gran parte de realización persoal.
Que perciban, na visión e na misión das súas organizacións,
un forte impulso para a súa propia motivación.
Persoas con dignidade, que se conduzan con coherencia
nos seus discursos, os seus actos, as súas crenzas, e os seus valores.
Precísanse persoas que cuestionen, non pola simple contestación,
pero si pola intima necesidade de aplicar soamente as mellores ideas.
Persoas que mostren o seu rostro sereno de compañeiros amables,
sen mostrarse superiores nin inferiores, pero se diferentes.
Precísanse persoas ávidas por aprender e que se enorgullezcan
de asimilar conceptos novos.
Persoas con coraxe para abrir camiños, enfrontar desafíos, crear solucións,
correr riscos calculados sen medo de equivocarse.
Precísanse persoas que constrúan os seus equipos integrándose a eles.
Que non tomen o poder para se propio, pero que saiban compartilo.
Persoas que non sexan vanidosos do seu propio brillo,
pero se co brillo alcanzado en grupo.
Precísanse persoas que vexan as árbores, pero tamén que presten atención
na maxia da selva, que teñan percepción de todo e dunha parte.
Seres humanos xustos, que inspiren confianza e demostren confianza
nos seus compañeiros, estimulándoos, impulsándoos, sen medo
de que lle fagane sombra e que sentan orgullosos deles.
Precísanse persoas que críen á súa volta un ambiente de entusiasmo,
de liberdade, de responsabilidade, de determinación, de respecto e amizade.
Precísanse seres racionais. Tan racionais que comprendan
que a súa realización persoal vai xunto á expresión das súas emocións.
É na emoción que atopamos a razón de vivir.
Precísanse persoas que saiba administra cousas e liderar persoas.
Precísase con urxencia repensar un novo ser.
Precísase dun voluntario que faga isto realidade.
Se axudo a unha soa persoa a ter esperanza, non viviría en balde.
Martin Luther King (1929-1968)
Comentarios
Publicar un comentario