CELEBRACIÓN PRIMEIRA COMUÑÓN

Como estamos nas datas das primeiras comuñóns, comparto con vós unha celebración, que me fixeron chegar por mail, cos textos especiais para os nenos, por se é de axuda para algúen.



PRIMEIRAS COMUÑÓNS
PRESENTACIÓN
Estes textos pretenden ser un pequeno indicador de posibles celebracións. As circunstancias destas celebra­cións son moitas e moi variadas. Cada comunidade verá cales son as súas posibilidades e de acordo con elas preparará a celebración.
As pautas que deben rexer nestas celebracións cremos que deben estar marcadas por:

* c1aridade e linguaxe sinxela;
* familiaridade, participación e brevidade;
* celebracións de toda a comunidade,
pero centradas nos nenos.


MONICIÓN DE ENTRADA
Hoxe é un día moi importante para min/ou para nós. Todos os que estamos aquí estamos moi contentos porque celebramos a festa da Primeira Comuñón, é dicir, un encontro moi íntimo co noso amigo Xesús.
Tamén estamos moi contentos porque celebramos esta festa acompañados polos nosos pais, avós, tíos e por todos vós meus amigos.
 Por todo isto queremos con todos vós dar grazas ao Señor, noso Deus.

PETICIÓN DE PERDÓN
 (Preferible facer a Renovación das Promesas do Bautismo).
Nós queremos ser sempre bos, non facer mal a ninguén, perdoar sempre. Das veces que non fomos bos queremos pedirvos perdón a todos vós e tamén ao noso amigo Xesús.

MONICIÓN PARA AS LECTURAS
A primeira lectura, recollida do libro dos Feitos dos Apóstolos, cóntanos como vivían os primeiros cristiáns. Hoxe seguen a ser modelo para todos nós.
A segunda lectura pertence á primeira carta de san Xoán. El foi moi amigo do Señor Xesús, sentiu e viviu moi intensamente a amizade con Xesús, pois todo ese amor que sentimos polos demais ven de Deus.
O Evanxeo recórdanos que a actitude de confianza e de inxenuidade propia dos nenos é imprescindible para recibir o Reino de Deus.





PRIMEIRA LECTURA
Lectura do Libros dos Feitos dos Apóstolos:
Os primeiros cristiáns acudían con frecuencia ás ensinanzas dos apóstolos, á comuñón, á fracción do Pan e ás oracións.
Todos os crentes vivían unidos e tiñan todo en común, repartían todo entre todos, segundo as necesidades. Loaban a Deus e goza­ban da simpatía de todo o pobo.

Palabra do Señor                       R/. Grazas a Deus

SEGUNDA LECTURA
Lectura da primeira carta do apóstolo san Xoán:
Queridos, amémonos uns aos outros, xa que o amor vén de Deus, e todo o que ama naceu de Deus e coñece a Deus.
Deus é amor. O amor de Deus consiste en que El nos amou e mandounos a Xesús como amigo e Salvador.

Palabra do Señor                       R/. Grazas a Deus

EVANXEO
Lectura do Evanxeo segundo san Lucas:
Naquel tempo, levábanlle tamén os meniños a Xesús para que os tocase. Pero os dis­cípulos rifában1les. Entón Xesús chamounos e díxolles:
    - Deixade que os nenos se acheguen a min: non llelo privedes, porque dos que son coma eles é o Reino de Deus. Asegúrovos que aquel que non reciba como un neno o Reino de Deus non entrará nel.

Palabra do Señor                    
R/. Loámoste, Cristo




OFRENDAS E PRECES

Convén que os nenos/as presenten cousas e traballos feitos por eles: poden ser os cadernos e outras actividades do colexio, flores collidas por eles no seu ambiente ... Estas preces poden recitarse collidos todos das mans.
Señor, recibe estas ofrendas como expresión do noso desexo de ser sempre os teus amigos e de compartir esta amizade cos nosos irmáns.
1.    Presentámosche este pan e este viño co desexo de que a ninguén lle falte alimento e cariño.
R/. SOMOS AMIGOS, SEÑOR.
5.     Ofrecémosche estas bonitas flores como expresión do noso desexo de darche unha vida limpa e xenerosa.
R/. SOMOS AMIGOS, SEÑOR.
3.     Ofrecémosche estes traballos das nosas mans, para dicirche que queremos facer sempre o ben.
R/. SOMOS AMIGOS, SEÑOR.
4.     Polos nosos pais, familiares, amigos e veciños, para que o amor e o coidado que teñen por nós sexa sempre expresión do amor de Deus, sempre vivo e xeneroso.
R/. SOMOS AMIGOS, SEÑOR.
5.    Por todos nós, para que amemos e coidemos os nosos campos, montes, ríos, ... e así fagamos de Galicia unha terra acolledora e de irmáns.
R/. SOMOS AMIGOS, SEÑOR.
Oración:

Nós queremos, Señor, que a vida de toda a humanidade sexa sem­pre unha festa de amor e de alegría, que non haxa odios, nin gue­rras nin inxustizas, nin fame, e que sobre todo os nenos e os velliños se sintan acollidos con amor e bondade.


CRER

Crer é compartir, por iso cremos compartindo:

Creo  no pan, Señor, e pídoche:

      Para todos os homes, pan.
Para todos os nenos, pan.
            Para todos os pobres, pan.


Creo no pan, Señor, e pídoche:

      Terra para sementar o pan.
Forzas para moer o pan.
Mans para amasar o pan.
Amor para servir o pan.


Creo no pan, Señor, e pídoche:
     
Dános o pan da túa Palabra.
Dános o pan da Vida.
Dános o teu Corpo como pan.






ACCIÓN DE GRAZAS

Antes da bendición poden ler a acción de grazas ou in­troducila noutra parte da celebración, ofrenda, ... segundo o consideren oportuno.

Señor, neste día da miña Primeira Comuñón,
douche grazas por darme a vida
e por todas as persoas ás que quero e que me queren;
meus pais e meus avós,
meus tíos e meus curmáns,
meus padriños,
os meus compañeiros e compañeiras do colexio,
as miñas profesoras e catequistas,
por todos os amigos e amigas que agora me acompañan
e por esta comunidade á que pertenzo desde que nacín
e na que me fai ilusión celebrar a miña Primeira Comuñón.

Grazas tamén, Señor, por todas as cousas;
a comida que me alimenta,
a roupa que me abriga,
os zapatos para non ferir os pés,
a casa na que vivo,
a escola na que me educo,
os libros cos que estudo,
os xoguetes cos que me entreteño.

Grazas, Señor, por darme a coñecer a Xesús, o teu Fillo,
para que me sirva de exemplo agora e para sempre.


Como expresión final e de felicidade podería rematar o acto cun grande aplauso de todos os asistentes.




Comentarios

Publicacións populares