Rito do matrimonio en galego - Introducción
Como prometera onte, esta é a primeira parte deste rito que esquecera compartir con vós.
Monición: O sacerdote fala ós esposos:
Queridos irmáns: .................
Estamos aquí xunta o altar, para que Deus garantice coa su gracia a vosa vontade de contraer Matrimonio ante a Igrexa e a vosa comunidad cristiá agora reunida. Cristo bendice o voso amor, e El, que vos consagróu un día co Bautismo, enriquécevos hoxe e dávos forza co Sacramento do Matrimonio para que vos gardedes mutua fidelidade e podades cumpli-las demás obrigas do Matrimonio. Por tanto, ante esta asemblea, pregúntovos sobre a vosa intención.
Escrutinio: O sacerdote pregunta ós esposos:
· N............. e N.............., vides a contraer matrimonio sen ser coaccionados, libre e voluntariamente?
R./: Si, vimos libremente.
· Estades decididos a amaros e respectaros, seguindo o modo de vida propio do Matrimonio, durante toda a vida?
R./: Si, estamos decididos.
· Estades dispostos a recibir de Deus, responsable e amorosamente ós fillos, e a educalos segundo a lei de Cristo e da súa Igrexa?
R./: Si, estamos dispostos.
Consentimento:
O sacerdote invita ós esposos a expresa-lo seu consentimento, dicíndolles:
Xa que queredes contraer santo matrimonio, unide as vosas mans, e manifestade o voso consentimento ante Deus e a súa Igrexa.
Comentarios
Publicar un comentario