A VIRXE DA FRANQUEIRA

Hoxe celébrase a romaría da Virxe da Franqueira, un dos santuarios galegos máis visitados durante todo o ano. Desde a nosa parroquia de Mondariz tamén participamos na festividade. Feliz romaxe a todos !!



ORACIÓN Á VIRXE DA FONTE DA FRANQUEIRA                          

(texto e foto da súa páxina web)

 


Benaventurada Nai de Deus, venerada coa  secular advocación de Nosa Señora da Fonte de A Franqueira: queremos manifestarche con toda confianza os desexos do noso corazón. A Ti acudimos, Nai boa, sabendo que escoitas as oracións dos teus fillos.
A túa imaxe de pedra lémbranos a fortaleza da túa fe, a seguridade da túa esperanza, a constancia do teu amor. Ver a Xesús no teu colo, tráenos á memoria que a túa vida estivo ó seu servicio. Fai que a Palabra do Evanxeo resoe sempre no noso interior para que saibamos recoñecer o paso de Deus pola nosa vida.
Naiciña! Sentímonos necesitados e renovamos diante de ti a nosa confianza. Axúdanos sobre todo a descubrir o que nos pide Deus noso Pai. Queremos, coma ti, ser felices cumprindo a súa vontade, animados polo  Espíritu Santo que nos fai recoñecer a Xesús como Salvador de todos. A El a gloria por séculos de séculos. Amén.



Comentarios

Publicacións populares