Pregaria cherokee
Déixovos con esta oración dos indios americanos que me lembran ás de San Francisco de Asís, o irmán das creaturas.
PREGARIA CHEROKEE
Deus que estás arriba no ceo
por favor protexe aos que se aman.
Nós honramos todo o que creaches
como a nosa palabra os nosos corazóns e vida xuntos.
Nós honramos a nai terra
e pedimos para que o voso casamento sexa abundante
e creza forte a través das estacións;
Nós honramos o lume
e pedimos que a vosa unión sexa cálida
e iluminada con amor nos vosos corazóns;
Nós honramos o vento
e pedimos que naveguedes a través da vida
seguros e calmos como nos brazos dos nosos pais;
Nós honramos a auga
para limpar e aquietar vosa relación
e que nunca esteades sedientos de amor;
Con todas as forzas do universo que Ti creaches,
nós rezamos pola harmonía e a felicidade verdadeira
para que vós sexades sempre mozos xuntos.
Comentarios
Publicar un comentario