XOVES SANTO B

 ORACIONAL EN SPOTIFY





Xoves Santo

Monición

A tardiña do día antes de que o mataran, Xesús deixa aos seus o seu testamento. Un xesto humilde, o lavatorio dos pés. E unha presencia humilde, facerse sempre presente no pan e no viño.

Homilía

·         A noitiña, a hora da cea, de falar de vagar. Pasados os traballos do día, as palabras apresuradas e pegadas ao momento, podemos falar do que pasa reflexionar sobre o feito, pensar en mañá.

·         Esta é a derradeira noite de Xesús, o momento de dar esa mensaxe definitiva, a que fixe toda a súa mensaxe.

·         E a mensaxe de Xesús é clara, densa, fonda. Non fala, lava os pés, fai traballo de escravo.

·         Aqueles homes que o arrodean.. Levan anos con El, e seica nunca tiveron moi claro se era un caudillo político, un líder relixioso, un predicador peculiar. Ata pensaron en apañar un choio se acaso chegaba a haber poder para repartir. E agora, naquelas vésperas de Pascua, Xesús sae co dos pés.

·         Tal vez, igual ao final entendan, como nós, que o amor de verdade, é o amor que se fai servizo e servizo. Que a Eucaristía é amor que se fai presencia.

Lavatorio dos pés

Somos fieis ao Noso Señor. Repetimos o seu xesto para facelo hoxe vivo e presente. Lavarnos os pés uns a outros. Ser servidores uns dos outros, porque o amor que só é palabra, non é amor, ou é obra ou non é.

Pixis

Foi entregado...

A nosa celebración remata coa lembranza de que mañá será Venres Santo. Co traslado da Eucaristía ao Monumento lembramos a prendemento de Xesús e lembramos tamén o que Él di: “Non podedes velar comigo?”


Ángel Domínguez Cerdeira

(grazas por compartir connosco)







Comentarios

Publicacións populares