CELEBRACIÓN + ORACION - DOMINGO + SEMANA 3 CORESMA B
Terceiro domingo de Coresma B
Monición de entrada
Neste terceiro domingo a primeira lectura nos presenta a Israel como un pobo unido que é quen de darse unha lei de seu. Como sempre en cada momento crucial da súa historia Deus camiña ao seu carón. A Alianza convértese así en exixencia de respecto ao próximo, en lei que axuda a construír o pobo.
Rito penitencial
Ti, que nos chamas a coidar uns dos outros. Señor, ten piedade de nós.
Ti, que nos queres unidos, mirando uns polos outros. Cristo, ten piedade de nós.
Ti, que nos creaches para o amor. Señor, ten piedade de nós.
Ideas para a homilía
· Como pobo de Deus liberado da escravitude de Exipto, Israel pode darse a si mesmo unha lei. O escravo ten que aturar a lei que lle impoñen, o libre pode libremente darse unha lei e libremente obrigarse a ela.
· O Pobo liberado por Deus, acolle de Deus a lei que este lle dá.
· Non matarás. Desde Caín ata Palestina ou Ucraína. Non matarás. A lei inxusta da escravitude permite que o amo poida dispoñer ao seu capricho da vida do seu escravo. A Lei de liberdade do Pobo de Deus é radical: non matarás.
· Pensamos que podemos dispoñer da vida (da dignidade, dos bens, da liberdade..) do outro porque cremos ser superiores. Pero ante Deus todos somos fillos e, en Cristo, todos somos irmáns.
Oración dos fieis
Xunto como pobo de homes e mulleres ceibes, pedimos ao Señor pola necesidades do mundo.
· Polos gobernos que oprimen aos seus pobos, pola fin das súas tiranías. Oremos:
· Pola Igrexa,, que ten que ser faro de liberdade. Oremos:
· Pola xente que vive en escravitude, polos traballadores aos que se lles negan os seus dereitos. Oremos:
· Por tódolos homes e mulleres do mundo que denuncian as inxustizas. Oremos:
· Pola nosa parroquia, pola boa veciñanza e axuda mutua. Oremos:
Acolle, Señor, a oración do pobo co que fixeches Alianza. Por Cristo noso Señor.
Ángel Domínguez Cerdeira
(grazas por compartir connosco)
Comentarios
Publicar un comentario