SÁBADO SANTO - VIXILIA PASCUAL
Rito do Lume
O lume racha a
noite, fai fuxir sombras, escuridades e medos. No lume novo desta noite
acendemos o Cirio Pascual símbolo de Cristo Resucitado. Despois, á indicación
do sacerdote, todos compartiremos este lume, luz que avanza na noite.
Alternativas para o Pregón Pascual
Himno: Que ves na noite?
Pregoeiro: Que ves na noite, dinos sentinela?
Todos: Que ves na noite, dinos sentinela?
Deus coma unha amendoeira coa flor esperta; Deus que nunca dorme busca quen non durma, e entre as dez virxes só hai cinco en vela.
Todos: Que ves na noite, dinos sentinela?
Galos vixiantes que a noite alertan. Quen negou tres veces outras tres confesa, e pregoa o pranto o que o medo nega.
Todos: Que ves na noite, dinos sentinela?
Morto baixábanlle á tumba nova. Nunca tan dentro tivo ao sol a terra. Daba o monte berros, pedra contra pedra.
Todos: Que ves na noite, dinos sentinela?
Vin os ceos novos e a terra nova. Cristo entre os vivos, e a morte morta. Deus nas criaturas, e eran todas boas!
Todos: Que ves na noite, dinos sentinela?
Lecturas
Esta noite
santa era, na primeira igrexa, a noite na que se bautizaba aos novos cristiáns.
Por iso todas as lecturas teñen un senso bautismal.
É esta noite de
lecturas abondosas, longas, con cadansúa oración. Non teñan presa nin se
impacienten. Tranquilos, devagar, imos desfrutar da Palabra, hoxe calma e
esperanzada, de Deus.
Ideas para a homilía
(Sempre, pero
hoxe máis, na predicación é tan importante a música como a letra, é dicir, o
ton da predicación como o seu contido. O xeito desta homilía ten que ser
festivo e ledo)
·
Facemos
repaso destes días:
◦ O xesto de Xesús e a súa presenza humilde
en pan e viño, con nós.
◦ A súa morte, morte de todos que abre as
portas á esperanza.
◦ O silencio do sartego.
·
Todo
ven dar aquí, na noite santa da resurrección. A vida plena de Cristo que tan
ben simbolizan a luz que racha as tebras e a auga de vida.
·
É
tempo de festa, de familia, de comer e beber. De celebrar a vida.
Rito da Auga
Nesta noite
bautismal bendicimos a auga nova da Pascua. Auga da vida nova en Cristo. E
lembramos que somos bautizados. Renovamos as promesas bautismais e volvemos
recibir a auga bendita.
Ángel Domínguez Cerdeira
(grazas por compartir connosco)
Comentarios
Publicar un comentario