ORACIÓN DE RAMOS
Bendición dos Ramos
Comezamos a
celebración deste día especial. Con ramos de oliveira e palmas nas nosas mans
preparámonos para recorrer, con Cristo, o camiño da Paixón, Morte e
Resurrección.
Lectura da Paixón
Primeira vez
que leremos a Paixón nesta Semana Santa. A lectura é longa, máis que de
costume, sentémonos e desfrutemos deste camiño tras os pasos de Cristo.
Ideas para a Homilía
·
O
trunfo ten cen pais e a derrota é orfa, Ben podería dicir o mesmo Xesús. Hoxe,
aclamado por centos, o Venres, so na Cruz.
·
Empezamos
a semana principal dos e das cristiáns, o centro da nosa fe. Celebramos moitas
cousas polo ano adiante: Nadal, Corpus, Asunción... Santos distintos. Pero
todo, toda festa e toda fe cristiá nace do que celebramos esta semana.
·
Este
domingo é porta da Semana Santa a da Pascua: empezamos como un -falso- trunfo,
damos que fuciños coa verdade do sufrimento e a Soidade.
·
E só
pasando pola noite pode abrir o día.
Ángel Domínguez Cerdeira
(grazas por compartir connosco)
Comentarios
Publicar un comentario