CELEBRACIÓN + ORACION - DOMINGO + SEMANA 5 CORESMA B

 



Quinto domingo de Coresma 

(Día do Seminario)

Monición de entrada

Case rematada a Coresma, rematamos o noso percorrido das alianzas con Deus. Hoxe, no medio e medio do tempo máis escuro de Israel, o profeta Xeremías enxerga un tempo novo. Unha Nova Alianza definitiva.


Rito penitencial

Ti, que nos chamas á túa vida plena. Señor, ten piedade de nós.

Ti, que nos chamas ao Reino. Cristo, ten piedade de nós.

Ti, que nos queres nun futuro mellor. Señor, ten piedade de nós.


Ideas para a homilía

·         O profeta fala no momento da destrución de Xerusalén, a ruína do Templo e o desterro de Babilonia.

·         E nese preciso instante, cando todo é destrución, fala dun tempo novo e dunha Alianza definitiva.

·         Porque o profeta de verdade predica vida, vida para todos.

·         Ante calquera dificultade, incluso as máis pequenas, sempre hai quen berra: “catástrofe, desgracia”. Incluso hai cristiáns que pensan que iso é o correcto, o que pide Deus. O Papa Bo, Xoán XXIII, os chamaba “profetas de calamidades”.

·         O profeta de verdade predica vida, consciente do que somos e tamén do que podemos ser, do que estamos chamados a ser.

·         Seminario:

     Testemuño de verdade e esperanza.

     Servidores dos seus.

     Cristiáns entre cristiáns.

     Non ser “profetas de calamidades”


Oración dos fieis

Diriximos a nosa oración a Deus que abre as portas a un tempo novo:

·         Pola Igrexa, por toda a xente que co seu traballo, a súa oración,o seu testemuño a fai medrar. Oremos:

·         Pola xente nova que está buscando o seu camiño na vida. Oremos:

·         Polos sacerdotes, testemuñas de esperanza. Oremos:

·         Pola humanidade, por toda a xente que camiña e traballa e fai cada día un mundo mellor. Oremos:

·         Pola nosa parroquia e por cada un dos que traballamos por facela mellor. Oremos:

Acolle, Señor da Esperanza a nosa oración. Por Cristo noso Señor.


Ángel Domínguez Cerdeira

(grazas por compartir connosco)




Comentarios

  1. Your blog has become a virtual mentor in my pursuit of knowledge.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares