SEMANA 3 DE CORESMA - CICLO B
E AO ENTRAR NO TEMPLO...
Demasiados monseñores e excelentísimas,
demasiados vigairos e reverendísimas
para ser espazo de igualdade e liberdade;
e cantos pais para vivir en fraternidade,
cando Ti nos dixeches que só aceptásemos
e chamásemos así a quen fai saír para todos o sol
e dános gratuitamente a súa tenrura e amor !
Demasiados títulos, honras e poderes,
demasiadas intrigas, prebendas e intereses
para ser casa solariega familiar;
e cantos códigos, normas e leis,
burocracia, papeis e imposicións
para ser pousada de abrazos e acollida
para quen andan necesitados !
Un espazo aberto que se amuralla,
un oasis que xa non atrae nin serena,
un refuxio que pecha as súas portas e xanelas,
unha barca para náufragos que anda á deriva,
unha casa solariega que esixe reserva,
unha viña con lagar que non alegra...
xa non é lugar de Deus nin de oración !
Eu quero unha Igrexa na que se poida respirar,
que teña pastores que cheiren a ovella,
que acolla e defenda a emigrantes e sen papeis,
que se embarre cos que non poden limparse,
que teña un aire festivo e alegre,
que as súas portas permanezan abertas
aínda que non haxa donos nin porteiros vixiantes...
Quero unha Igrexa que sexa templo de Deus,
lugar de encarnación,
punto de encontro,
casa de fraternidade,
fábrica de soños e proxectos,
experta en humanidade...
non cova de ladróns nin refuxio de vividores !
F.Ulibarri
LUNS
PRIMEIRA 2 Re 5, 1-15a:
Había moitos leprosos en Israel e ningún deles foi limpo
a non ser Naaman o Sirio (Lc 4, 27)
SALMO RESPONSORIAL Sal 41, 2. 3; Sal 42, 3. 4
R/ (41, 3): A miña alma ten sede do Deus vivo:
cando verei o rostro de Deus?
EVANXEO Lc 4, 24-30:
Xesús, coma Elías e Eliseo, non é mandado só para os xudeus
MARTES
PRIMEIRA Dn 3, 25. 34-43:
Que con corazón contrito e espírito humillado encontremos acollida
R/ (6a): Lémbrate, Señor, da túa misericordia
EVANXEO Mt 18, 21-35:
Se non perdoades cada un ao seu irmán, o Pai non vos perdoará a vós
MÉRCORES
PRIMEIRA Dt 4, 1. 5-9:
Observaréde-los mandamentos e poñerédelos en práctica
SALMO RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 15-16. 19-20
R/ (12a): Glorifica ao Señor, Xerusalén
EVANXEO Mt 5, 17-19:
Quen enseña e practica, ese será chamado grande
PRIMEIRA Xer 7, 23-28:
Estes son os que non ouiron a voz do Señor o seu Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/ (8): Se escoitasedes hoxe a súa voz!
Non endurezades o corazón
EVANXEO Lc 11, 14-23:
Quen non está comigo, está contra min
VENRES
PRIMEIRA Os 14, 2-10:
Non queremos volver a chamar Deus noso á obra das nosas mans.
R/ (cf 11 e 9a): Eu son o Señor, o teu Deus: escoita a miña voz
EVANXEO Mc 12, 28b-34:
O Señor noso Deus é o único Señor, e amaralo
SÁBADO
PRIMEIRA Os 6, 1-6:
Quero amor, e non sacrificio
SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 18-19. 20-21ab
R/ (cf Os, 6, 6): Preferín a misericordia ao sacrificio
EVANXEO Lc 18, 9-14:
O publicano baixou xustificado para a súa casa ao contrario que o fariseo
------------------------------------------------
MATERIAL DE CORESMA 2021
DIOCESE DE OURENSE
Domingo 3º de Coresma:
Unha esperanza indignada
Reflexión
A pandemia puxo en crise todo o noso sistema de relacións: coas persoas, coa propia existencia, coa saúde, o traballo, a política e, por suposto coa relixión e Deus. O texto do evanxeo convídanos a unha renovación purifi cación das relacións con Deus desde a óptica do novo que veu a traer Xesús. Purifi cación que afectará aos outros aspectos da nosa vida. “Un templo sen mercadores”, unha relixión sen mercadores, sen comerciantes, sen marchantes, sen cambiadores nin negociantes. Esta purifi cación do templo devolve á relixión á súa autenticidade e o seu ser en espírito e verdade. “Unha Igrexa purifi cada”. A Igrexa necesitada sempre de conversión ha de sentirse interpelada, unha vez máis, por este texto de carácter profético de Xesús. Na base do denunciado nesta intervención de
Xesús está:
• A relixión. Hai no corazón do evanxeo unha crítica da nosa “relixión” sen corazón coa que ás veces se pretende “comprar” a Deus. Unha relixión sen fe e sen espiritualidade; unha relixión afastada do sufrimento humano e da vida dos irmáns.
• O reducir a acción de Deus a lugares e Deus non é un Deus de lugares, senón de persoas.
• A relación co diñeiro e cos bens materiais. Confundimos a gloria de Deus coa nosa gloria. A honra de Deus coas honras e títulos dos que lle serven. O rexeitamento a Deus con fracasos nosos.
Preguntas para ver:
Que cousas hai na nosa relixiosidade, en nosas comunidades, na nosa diocese, que son relixión morta?
Que cousas, actos, actitudes, feitos da miña, das parroquias afastan máis á xente a Deus que a achegan?
Que cousas, actos, actitudes, feitos da miña e das nosas parroquias achegan á xente a Deus?
Trata de buscar un feito do que afirmas.
Evanxeo
Xn 2, 13-25
Breve silencio
Xesto-símbolo: Collemos un bote de colonia ou perfume derramamos un pouco. Que teño que transformar na miña vida, no noso grupo ou na nosa parroquia, para que atraia e sexa un auténtico lugar de encontro con Deus.
Oración
Ti, Xesús, botaches do templo aos mercadores. Disnos que a túa casa non é unha empresa nin un Mercado para comprar a Deus.
A casa do Señor é unha comunidade de irmáns, profecía e sacramento de fraternidade universal onde todas as persoas son sacras porque son a túa imaxe. Crea en nós, Xesús, un corazón indignado e auténtico, líbranos dos nosos mesquiños intereses disfrazados de relixiosidade sen corazón.
Xesús, axúdanos a traballar co mesmo celo de Xesús para expulsar do mundo a todos os mercadores da vida e para que a igrexa sexa un auténtico lugar de acollida e encontro con Deus.
Canto
Comentarios
Publicar un comentario