SEMANA 2 DE CORESMA - CICLO B
LUGARES DE ENCONTRO,
TABORES GRATUÍTOS
As persoas con espírito,
e as que sofren e choran polo camiño.
Os nenos que viven, sorrín e bican,
e os que teñen un cruel destino.
Os horizontes limpos e abertos,
e os bosques con penumbra e espesos.
Os recunchos con trasgo
e o centro das cidades.
Mananciais, ríos e fontes,
e os desertos e oasis de sempre.
Os altos cumes non hollados
e as sendas que van e veñen.
Os mares que acariñan e mecen,
e os bravíos que se enfurecen.
As escuras tormentas de verán
e os cheiros que deixan ao seu paso.
As alboradas frescas e claras.
e os vermellos e serenos atardeceres.
O silencio da noite que se expande,
e o murmurio das criaturas viventes.
Os froitos das árbores de secaño,
e o aceite de oliva virxe.
As brancas salinas que reverberan,
e as praias e calas serenas.
O frescor e a paz das igrexas,
e as súas obras de arte sempre á vista.
A lúa e as estrelas afastadas,
e a terraza da nosa casa.
O sorriso claro de quen aman,
e a despedida de quen se marchan.
Os fillos que se teñen e crecen,
e os pais e nais que exercen.
Os bicos gratuítos e os furtivos,
dados, recibidos, compartidos.
A linguaxe con que nos comunicamos,
e as mans con que nos acariñamos.
As cousas sinxelas de sempre
sen dogmas, sen comentarios e sen moniciones,
e as sorpresas que nos deparan
ao longo de toda a xornada.
Este corpo que nos deches
para comunicarnos e gozarnos,
e os medos e sorpresas que se coan
todos os días nas nosas veas.
Ás veces o sagrario, ás veces as ermidas,
ás veces as nobres catedrais,
ás veces, até a auga bendita...
Sempre, o teu rostro irmán na rúa!
Tabores cotiáns,
Tabores gratuítos,
Tabores evanxélicos,
Tabores moi humanos.
Son tantos e tantos os Tabores
para atoparte e atoparnos no camiño,
que hoxe me sinto envolvido no teu misterio
co corazón e o rostro resplandecidos.
Florentino Ulibarri
LUNS
PRIMEIRA Dn 9, 4b-10:
Pecamos, fixemos o que é malo
SALMO RESPONSORIAL Sal 78, 8. 9. 11 e 13
R/ (Sal 102, 10a): Señor, non teñas en conta o noso pecado
EVANXEO Lc 6, 36-38:
Perdoade e seredes perdoados
MARTES
PRIMEIRA Is 1, 10. 16-20:
Aprendede a facer o ben, buscade a rectitude
SALMO RESPONSORIAL Sal 49, 8-9. 16bc-17 . 21 e 23
R/ (23b): Ao que vai por bo camiño dareille a salvación de Deus.
EVANXEO Mt 23, 1-12:
Din pero non fan
MÉRCORES
PRIMEIRA Xer 18, 18-20:
Vide e castiguémolo
SALMO RESPONSORIAL Sal 30, 5-6. 14. 15-16
R/ (17b): Sálvame, Señor, pola túa misericordia
EVANXEO Mt 20, 17-28:
Condenarano a morte
XOVES
PRIMEIRA Xer 17, 5-10:
Maldito quen confía no home; bendito quen confía no Señor
SALMO RESPONSORIAL Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6
R/ (Sal 39, 5a): Benaventurado aquel que puxo no Señor a súa esperanza
EVANXEO Lc 16, 19-31:
Recibiches bens e Lázaro males; agora éste é consolado, e tí atormentado
VENRES
PRIMEIRA Xen 37, 3-4. 12-13a. 17b-28:
Velaí vén o soñador; vinde e matémolo
SALMO RESPONSORIAL Sal 104, 16-17. 18-19. 20-21
R/ (5a): Recordade as marabillas que fixo o Señor
EVANXEO Mt 21, 33-43. 45-46:
Este é o herdeiro, vinde, matémolo
SÁBADO
PRIMEIRA Miq 7, 14-15. 18-20:
Arrebolará ás profundidades do mar tódolos nosos pecados
SALMO RESPONSORIAL Sal 102, 1-3. 3-4. 9-10. 11-12
R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente
EVANXEO Lc 15, 1-3. 11-32:
Este teu irmán estaba morto e reviviu
-------------------------------------------
MATERIAL DE CORESMA 2021
DIOCESE DE OURENSE
Domingo 3º de Coresma:
Uhna esperanza indignada
Reflexión
A pandemia puxo en crise todo o noso sistema de relacións: coas persoas, coa propia existencia, coa saúde, o traballo, a política e, por suposto coa relixión e Deus. O texto do evanxeo convídanos a unha renovación purificación das relacións con Deus desde a óptica do novo que veu a traer Xesús. Purificación que afectará aos outros aspectos da nosa vida. “Un templo sen mercadores”, unha relixión sen mercadores, sen comerciantes, sen marchantes, sen cambiadores nin negociantes. Esta purificación do templo devolve á relixión á súa autenticidade e o seu ser en espírito e verdade. “Unha Igrexa purificada”. A Igrexa necesitada sempre de conversión ha de sentirse interpelada, unha vez máis, por este texto de carácter profético de Xesús. Na base do denunciado nesta intervención de Xesús está:
• A relixión. Hai no corazón do evanxeo unha crítica da nosa “relixión” sen corazón coa que ás veces se pretende “comprar” a Deus. Unha relixión sen sen espiritualidade; unha relixión afastada do sufrimento humano e da vida dos irmáns.
• O reducir a acción de Deus a lugares e Deus non é un Deus de lugares, senón de persoas.
• A relación co diñeiro e cos bens materiais. Confundimos a gloria de Deus coa nosa gloria. A honra de Deus coas honras e títulos dos que lle serven. O rexeitamento a Deus con fracasos nosos.
Preguntas para ver:
- Que cousas hai na nosa relixiosidade, en nosas comunidades, na nosa diocese, que son relixión morta? Que cousas, actos, actitudes, feitos da miña, das parroquias afastan máis á xente a Deus que a achegan?
- Que cousas, actos, actitudes, feitos da miña e das nosas parroquias achegan á xente a Deus?
- Trata de buscar un feito do que afi rmas.
Evanxeo: Xn 2, 13-25
Breve silencio
Xesto · símbolo: Collemos un bote de colonia ou perfume derramamos un pouco. Que teño que transformar na miña vida, no noso grupo ou na nosa parroquia, para que atraia e sexa un auténtico lugar de encontro con Deus.
Oración:
Ti, Xesús, botaches do templo aos mercadores. Disnos que a túa casa non é unha empresa nin un Mercado para comprar a Deus. A casa do Señor é unha comunidade de irmáns, profecía e sacramento de fraternidade universal onde todas as persoas son sacras porque son a túa imaxe. Crea en nós, Xesús, un corazón indignado e auténtico, líbranos dos nosos mesquiños intereses disfrazados de relixiosidade sen corazón.
Xesús, axúdanos a traballar co mesmo celo de Xesús para expulsar do mundo a todos os mercadores da vida e para que a igrexa sexa un auténtico lugar de acollida e encontro con Deus.
Canto
Comentarios
Publicar un comentario