Novena á Virxe María - Día 9

 


Día noveno:

Virxe avogada, auxiliadora e mediadora.

 

Monición

Irmáns: A colaboración que María prestou á obra da nosa salvación non quedou reducida ao seu paso polo mundo, senón que se estende no ceo, despois de ser glorificada. E así da mesma maneira, queintercedía ante Xesús a prol duns que acababan de casar en Caná de Galilea, continúa agora acedándonos coa súa solicitud maternal os dons da eterna salvación.

   Por iso a Igrexa se reúne con María e con ela ora ao Señor e pon nela a súa confianza de ser escoitada cando a invoca con tantos títulos que fan referencia a esta función mediadora entre Deus e os homes, Cristo Xesús.

 

Palabra de Deus     Xn 2, 1-11

O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. Tamén foi convidado Xesús e mailos seus discípulos ao casamento. Chegou a faltar o viño e a nai de Xesús díxolle:

 -Non che teñen viño.

Replicoulle Xesús:

 -Muller, que ten que ver iso comigo? Aínda non chegou a miña hora.

Súa nai díxolles entón ós servidores:

 -Facede o que el vos diga.

Había alí seis tinas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levan ó pé de cen litros cada unha. E ordenoulles Xesús:

 -Enchede de auga como tinas.

Eles enchéronas de todo. Díxolles entón:

 -Collede agora e levádelle a proba ao mestre sala.

Eles levárona. E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onde viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo e díxolle:

 -Todo o mundo pon de primeiras do viño bo e, cando están bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixaches o viño bo para agora.

Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.

 

 

Reflexión

1.Os homes amosamos as realidades máis profundas con símbolos e xestos: un regalo, unha flor ... Con iso damos a entender moito máis do que val ou di o xesto en si ou o obxecto.

2.En Caná de Galilea, Xesús realizou o primeiro deses xestos salvíficos a prol dos homes. Porque lle pediu a súa Nai coa delicadeza e teima da que sente e chega ao fondo das cousas: por algo é muller e nai.

3.Xesús é quen dá o don, é o único Mediador entre Deus e os homes. Pero María é quen o fai posible, a que intercede, a que di a todos: "Facede o que el vos diga". Descobre así unha función que Ile foi confiada e que comezou a realizar despois da hora da cruz, cando recibiu a misión de ser nai dos discípulos.

4.María, unida aos discípulos, orando con eles e esperando a vinda do espírito, revela a súa presenza intercesora nas súplicas e nas loanzas da Igrexa ao seu Señor. A Igrexa contémplase nesta actitude deMaría, xa que ela tamén é intercesora por toda a humanidade e foi posta no medio do mundo coma un signo de salvación.

 

Preces

Proclamemos a grandeza de Deus Pai todopoderoso, que quixo que todas as xeracións felicitasen a María, a Nai do seu Fillo, e supliquémoslle dicindo:

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Deus, admirable sempre nas túas obras, que quixeches que a Inmaculada Virxe María participase en corpo e alma da gloria de Xesucristo: fai que todos os seus fillos desexen e camiñen cara a esta mesma gloria.

 -Que a chea de graza interceda por nós.


* Ti que nos deches a María por nai: concede, pola súa mediación, saúde aos enfermos, consolo aos tristes e perdón aos pecadores.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Ti que fixeches a María a chea de graza: concede a abundancia da túa graza a todos os homes.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Fai, Señor, que a túa Igrexa teña un só corazón e unha soa alma polo amor, e que todos os fieis perseveren unánimes na oración con María, a Nai de Xesús.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

* Ti que coroaches a María como a Raíña do ceo: fai que os defuntos poidan acadar, con todos os santos, a felicidade do teu Reino.

 -Que a chea de graza interceda por nós.

 

 

Noso Pai que estás no ceo ...

 

 

Oración

 

Deus de eterna gloria, ti introduciches no mundo a verdadeira alegría, Cristo, o teu Fillo, sol de xustiza nacido da Virxe María. Líbranos do peso do pecadoque entristece e apaga o teu Espírito en nós, e recíbenos na mesa do teu Reino, para saciarnos co pan que contén en si todo deleite. 

Por Cristo, noso Señor. Amén.

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares