PODCAST FRATELLI TUTTI - Diocese de Tui-Vigo

Hai uns días, contactou comigo desde a Delegación de Medios da miña diocese de Tui-Vigo Carolina Buceta, para pedirme que compartise coa diocese o traballo da Fratelli tutti en galego que fixera hai uns meses -e que xa compartira tamén cos irmáns da Escola de Espiritualidade- e convidoume a participar desta bonita iniciativa que nos vai acompañar polo camiño coresmal. Como a nosa diocese é pequena, alégrame recoñecer moitas voces das que participan nesta iniciativa comunitaria, tanto en galego como en castelán, unha ledicia nestes tempos. 



A andaina comezou hoxe nun grupo de whatsapp e desbordou, polo que vos envío xa o segundo enlace, pois tiveron que facer outro grupo para poder acoller a toda a comunidade crente que quere participar. 


 Ola!


Quero convidarche a formar parte desta iniciativa para «Crecer coa Fratelli Tutti», un podcast de 40 episodios, un para cada día da 🟪 Coresma 🟪, para profundar na carta encíclica publicada polo papa Francisco en outubro de 2020.


Únete ao grupo de whatsapp para saber máis e recibir un link diario cos episodios: 

https://chat.whatsapp.com/KHRmd7Ye0DTL6g35Ue3xEh*



Camiñemos xuntos neste tempo coresmal, sentíndonos parte dun camiño que percorremos a un tempo, inda que non poidamos vernos, si podemos escoitarnos, pretiño dos corazóns.



* En breve encherase o segundo 🤯 Este é o terceiro pera o whatsapp. 

https://chat.whatsapp.com/K3m6X6zJaixC7Qy4t7dubm

Podedes unirvos tamén a través da web da Diocese que tedes antes.



Comentarios

Publicacións populares