ENQUISA SOBRE O USO DO GALEGO NA IGREXA

 Ola, a todas e a todos:


Fago difusión da enquisa sobre o uso do galego na Igrexa, como se vén facendo desde o Vaticano II cada certo tempo na nosa terra. Tras elaborar a enquisa, Fagamos Igrexa Galega, puxo en coñecemento dos bispos esta ferramenta de revisión e reflexión que foi acollida con interese. Prégovos que lle dediquedes un pouquiño de tempo e que a difundades entre os vosos contactos para poder mellorar na irmandade, no labor parroquial e en todos os ámbitos pastorais.

 

Graciñas pola vosa colaboración.


---------------------------------------------

Boa tarde


Dende a plataforma Fagamos Igrexa Galega estamos a difundir unha enquisa coa que sondar o uso do galego na Pastoral. Facede chegar este enlace a todas as persoas involucradas na pastoral (cregos, axentes de pastoral, catequistas, coros,...) para así poder trazar un mapa o máis completo posible do uso pastoral do galego.


O enlace á enquisa é este:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8mUtPk65kjQjJgYEDkcUHMzjAQWsZMP5wvWdIB4bzvSeaEg/viewform



Contesta e difunde, ben por mail, ben por redes sociais ou whatsapp.




Comentarios

Publicacións populares