ORACIÓN SEMANAL
Os que fomos bautizados,
os que acollemos a revelación do Deus vivo,
os que descubrimos que somos os seus fillos,
os que seguimos escoitando a voz do Espírito,
penetremos no deserto sen medo
e camiñemos con paso lixeiro!
Coresma é ese tempo de preparación e inicio,
tempo para vivilo en camiño,
sen instalarse, sen retelo, sen queixume,
coa esperanza sempre mantida
e a mirada fixa noutro tempo, a Pascua,
que sendo tempo de paso é definitivo.
Entremos en Coresma convencidos,
listos para o combate, lixeiros de equipaxe,
con mente despexada, calzado apropiado,
entrañas cheas de tenrura e misericordia
e moita paciencia connosco mesmos...
Ben equipados en corpo e espírito!
Deixémonos mecer pola brisa do Espírito;
poñamos o noso corazón en sintonía
cos latexados de Deus e o berro dos afligidos;
desprendámonos de todo o accesorio,
bebamos nos mananciais da vida
e non nos deixemos enganar polos espellismos do deserto.
...
F.Ulibarri
MÉRCORES DA CINSA
PRIMEIRA Xl 2, 12-18
Esgazade os vosos corazóns e non os vosos vestido
SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 5-6a. 12-13. 14 e 17
R/ (cf 3a): Apiádate, Señor, porque pecamos
SEGUNDA 2 Cor 5, 20-6, 2:
Reconciliádevos con Deus. Éste é o tempo conveniente
EVANXEO Mt 6, 1-6. 16-18
Teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.
Xoves despois da
cinsa
PRIMEIRA Dt 30, 15-20:
Velaí vos propoño bendición e maldición
SALMO RESPONSORIAL Sal 1, 1-2. 3. 4 e 6
R/ (Sal 39, 5a): Feliz o que pon no Señor a esperanza
EVANXEO Lc 9,22-25
Quen perda a súa vida pola miña causa, salvarase
Venres despois da
Cinsa
PRIMEIRA Is 58-1-9a
Non é este o xexún que elixín?
SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 5-6a. 18-19
R/ (19b): Un corazón contrito e humilde
ti, Deus, non o desprezas.
EVANXEO Mt 9, 14-15
Cando se queden sen o esposo, entón xexuarán
Sábado despois da
Cinsa
PRIMEIRA Is 58, 9b-I4:
Se lle quitas ó famento a gana que ti sentes,
a túa luz brillará na escuridade
SALMO RESPONSORIAL Sal 85, 1-2. 3-4. 5-6
R/ (11a): Ensíname, Señor, os teus camiños,
e andarei coa túa verdade
EVANXEO Lc 5, 27-32
Non vin chamar os xustos, senón ós pecadores para que fagan
penitencia
Comentarios
Publicar un comentario