Xoves Santo


Especialmente nestes tempos, é momento de compartir, 
sabemos que hai moitas comunidades 
que están facendo celebracións conxuntas 
a través de internet e penso que o máis práctico 
e comunitario é compartir o que me vai chegando 
e engadindo pola miña banda o que poida. 

Se alguén máis quere compartir, 
ofrezo o blog para facer de ponte cos demais. 
Unha aperta grande e ánimo a toda a comunidade.


HORA SANTA: 


CELEBRACIÓN EN FAMILIA

XOVES SANTO 

Este é un día especial, o día no que Xesús celebrou cos seus discípulos a Última Cea. Tamén nós, nos nosos fogares, queremos prepararnos para vivir aquel acontecemento.
Comezaremos pola mañá cocendo, xunto cos/as nenos/as, un pan.

Á tardiña sentámonos ao redor da mesa do comedor, que estará disposta para a cea e no centro os pans que se fixeron pola mañá.
Dirixe este acto un Guía, que pode ser a nai, o pai ou un avó ou avoa.

Saúdo e bendición da mesa

Guía:
Este ano non é posible celebrar a Pascua como de costume: con toda a
familia, cos amigos e veciños, coas persoas da nosa comunidade de fe. Pero
Deus nos ofrece unha oportunidade preciosa para celebrala en familia.

Guía: (mentres se fai o sinal da cruz)
           No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.
Todos: Amén.
Guía:
           Bendice, Señor, a cuantos hoxe comemos este pan.
           Bendice a quen o fixeron e a quen non o terán,
           E fai que o comamos, xuntos, na Mesa celestial
Todos: Amén.

Lectura
O primeiro día dos Ácimos achegáronse os discípulos a Jesús e preguntáronlle:
- «Onde queres que che preparemos a cea de Pascua?».
El contestou:
- «Ide á cidade, a casa de quen vós sabedes, e dicídelle: “O Mestre di: a miña
hora está preto; vou celebrar a Pascua na túa casa cos meus discípulos”».
Os discípulos cumpriron as instrucións de Xesús e prepararon a Pascua.
Á tardiña púxose á mesa cos Doce.
Mentres comían, Xesús tomou pan e, despois de pronunciar a bendición, partiuno, deuno aos discípulos e díxolles:
- «Tomade e comede: isto é o meu corpo».
Despois tomou o cáliz, pronunciou a acción de grazas e dixo:
- «Bebede todos; porque este é o meu sangue da alianza, que é derramada por moitos para o perdón dos pecados».

Lector: Palabra do Señor.
Todos: Loámoste, Cristo.

Comentario

Facemos un momento de silencio e logo establecemos un diálogo catequético; os pequenos da casa poden preguntar e os maiores responden.
          Neno/a: Que celebramos hoxe?
          Adulto: Celebramos a Última Cea na que Xesús, xunto cos seus discípulos, lembraba a pascua xudía.

Lemos o primeiro parágrafo da páxina 62 do catecismo Jesús é o Señor.
Tamén podemos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=xVvEh03lq3Ou

           Neno/a: Que foi o primeiro que fixo Xesús na Última Cea?
           Adulto: Antes de cear cos seus discípulos, Xesús lavoulles os pés.

Lemos o terceiro parágrafo da páxina 62 do catecismo Xesús é o Señor.
Tamén podemos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=PMJzjt87I9w

           Neno/a: Que máis fixo Xesús?
           Adulto: Despois de lavarlles os pés, Xesús instituíu o ministerio sacerdotal e o sacramento da Eucaristía.

Lemos na páxina 161 do catecismo Xesús é o Señor o que di do Xoves
Santo.
Tamén podemos ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=BAJEFJp85Og

Oración de peticións
Guía:
          Recemos con confianza ao Señor dicindo: Dános, Señor, o teu pan.
Lector:
- Para que nunca nos falte o pan da túa Palabra. Dános, Señor, o teu pan.
- Para que sempre teñamos pan nas nosas mesas. Dános, Señor, o teu pan.
- Para que alimentemos a nosa alma co Pan da Vida. Dános, Señor, o teu pan.
- Para orar con fe. Dános, Señor, o teu pan.
- Para manter viva a esperanza. Dános, Señor, o teu pan.
- Para crecer na caridade. Dános, Señor, o teu pan.
- Para experimentar o teu misericordia. Dános, Señor, o teu pan.
- Para atopar forza na debilidade. Dános, Señor, o teu pan.
- Para buscar consolo na tristeza. Dános, Señor, o teu pan.
- Para levantarnos cando estamos abatidos. Dános, Señor, o teu pan.
- Para facernos repartir con quen non ten. Dános, Señor, o teu pan.
- Para sanar as nosas feridas. Dános, Señor, o teu pan.

Noso Pai
Guía:
            Terminamos a nosa oración como o Señor Xesús nos ensinou e pedindo o pan de cada día:

Todos:
Noso Pai que estás no ceo;
santificado sexa o teu nome,
veña o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra como no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
perdoa as nosas ofensas,
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
máis líbranos do mal.
Amén.

Comuñón espiritual

Guía:
Creo, o meu bo Xesús,
que estás realmente presente
no Santísimo Sacramento do Altar.
Ámote sobre todas as cousas
e desexo recibirte con fervor
dentro da miña alma,
mais non podendo facelo sacramentalmente,
vén espiritualmente ao meu corazón.
Queda, Señor, comigo
e non permitas que me á parte de Ti.

Todos: Amén.

Guía: (mentres se fai o sinal da cruz)
             Que o Señor nos bendiga, nos libre de todo mal
             e nos leve á vida eterna.
Todos: Amén.

A nai, o pai ou algún dos avós, parte o pan que se coceu pola mañá e o reparte entre os restantes membros da familia.



Comentarios

Publicacións populares