Oración para a Comuñón Espiritual

A Comuñón Espiritual

Cando non nos é posible facer a Comuñón sacramental con Cristo participando na Eucaristía, podemos expresarlle o desexo de acollerlle no noso espírito con estas palabras que axudan a facer a comuñón espiritual:



Creo, meu Xesús,
que estás realmente presente 
no Santísimo Sacramento do Altar.

Ámote sobre todas as cousas 
e desexo recibirte na miña alma.
Pero como agora non podo recibirte sacramentado,
vén polo menos espiritualmente ao meu corazón.
E coma se xa te recibise,
abrázote e únome todo/a a Ti.

Non permitas endexamais, Señor, 
que me afaste de Ti. Amén.

San Alfonso María de Ligorio



TOMADO DE:
Edición a cargo del Dicasterio para la Comunicación de la Santa Sede
FUERTES EN LA TRIBULACIÓN
La comunión de la Iglesia, ayuda en el tiempo de prueba
Actualización: 6 de abril de 2020

Comentarios

Publicacións populares