BENDICIÓN DO TEU RAMIÑO

BENDICE O TEU RAMIÑO SE O TES

1. Todo ser humano pode bendicir.

2. O propio dos cristiáns é facelo no NOME (en unión fe Espírito) de Xesucristo o noso Señor.

3. Non hai ningunha fórmula de bendición máxica q por si mesma cambie a substancia das cousas. É a fe e o bo Espírito o q nos permite adiviñar nelas algún tipo de presencia e de regalo de Deus.

4. Para bendicir os ramallos do Domingo de Ramos a Igrexa propón 2 fórmulas (podedes escoller unha) que, minimamente reducidas, din:

    A) Deus todopoderoso e eterno santifica coa túa bendición estes ramos ( + faise o sinal da cruz) e santifícanos a cantos queremos acompañar a Cristo para entrar con El na Xerusalén do ceo. Por Xesucristo noso Señor.

   B) Fai medrar Deus querido a fe dos que en ti esperan para que os que hoxe aclamamos cos nosos ramos a Cristo vitorioso permanezamos con el dando froitos abundantes. Por Xeducristo Noso Señor.

5. Por ultimo propoño esta bendición se cadra máis sinxela:



Xosé Antón Miguélez

Comentarios

Publicacións populares