Manualidades de Semana Santa para rapaces
Complicados están os tempos para celebrar unidos, pero si en comuñón. Agora máis
que nunca sentimos a falta da comunidade, tempo é de humanizarnos e decatarnos da falta
que nos facemos. Os primeiros sempre han de ser os cativos da casa, así que
é bo momento de recordar que os pais son os primeiros catequistas e facerlles
vivir unha Semana Santa, máis que nunca, da comunidade.
Déixovos o enlace ás fichas que xa levo publicado durante estes anos,
que seguro que vos axudarán moito para explicarlles aos rapaces cada un dos días
da Semana Santa. Somos conscientes da dificultade de conseguir materiais nestes días,
así que procuraremos simplificar e apañarnos co que temos na casa,
non hai que complicarse para facelo ben.
Déixovos o enlace das fichas e unha recomendacións que atopei nas redes
para estes días, se necesitades algo máis, podedes facer comentarios ou preguntar
directamente ao correo xanostesaqui@gmail.com. Boa Semana a todos :
Xoves Santo
É bo momento para coñecer o nome dos apóstolos, aquí tedes unha imaxe da Última Cea
de cerámica popular portuguesa, tamén a podemos facer en plastilina, cerámica ou cos lego...
Venres Santo
Cruces de masa de pan (podemos facer varias, é o día do Vía Crucis)
Este é o día onde a cruz ten o maior protagonismo, as posibilidades
son tantas como anosa imaxinación. Déixovos o máis fácil de facer,
que a cousa está complicada nestes tempos e ideas para que busquedes:
Sábado Santo
Este é o día do Silencio e da espera. Un día de acompañar a María
que acaba de perder ao seu fillo. Día de espera e de oración.
Revisade as fichas onde tamén atoparedes cousiña interesante.
Domingo de Pascua de Resurrección
Este é o Día, o que esperamos todo o ano!
Entre a sorpresa, a confusión e a alegría a Igrexa recibe ao Resucitado.
Déixovos cousas sinxelas, un puzzle, un vasiño de papel coa imaxe de Xesús resucitado
e encantáronme os xardíns da Pascua, non me puiden resistir a animarvos a facer un.
S.Xoán Paulo II invitounos a lembrar o camiño da Pascua
a través do Vía Lucis, aproveitade para coñecelo.
Comentarios
Publicar un comentario