Sábado Santo
Oración á Virxe do Divino Amor
Oh María,
Ti resplandeces sempre no noso camiño
como signo de salvación e de esperanza.
Encomendámonos a ti, saúde dos enfermos,
que ao pé da Cruz fuches asociada á dor de Xesús
mantendo firme a túa fe.
Ti, Salvación do Pobo Romano,
sabes de que temos necesidade
e estamos seguros de que proverás
para que, como en Caná de Galilea,
poidan volver a alegría e a festa
despois deste momento de proba.
Axúdanos, Nai do Divino Amor,
a conformarnos coa vontade do Pai
e a facer o que nos diga Jesús,
que tomou sobre si os nosos sufrimentos
e cargou coas nosas dores
para levarnos, a través da Cruz,
ao gozo da Resurrección. Amén.
Debaixo do teu amparo
Debaixo do teu amparo,
acollémonos, santa Nai de Deus;
acollémonos, santa Nai de Deus;
non rexeites as plegarias que che diriximos nas nosas necesidades,
así a todo, líbranos de todo perigo,
oh sempre Virxe, gloriosa e bendita!
TOMADO DE:
Edición a cargo del Dicasterio para la Comunicación de la Santa Sede
FUERTES EN LA TRIBULACIÓN
La comunión de la Iglesia, ayuda en el tiempo de prueba
Actualización: 6 de abril de 2020
Comentarios
Publicar un comentario