Domingo 3 de Pascua C



PRIMERA Feit 5, 27b-32. 40b-41
Nós somos testemuñas destas palabras e tamén o Espírito Santo,
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

27O xefe dos sacerdotes interrogou ós apóstolos:
28-Expresamente vos mandamos que non ensinasedes nese nome, e vós enchestes
Xerusalén coa vosa doutrina. Vós queredes botar sobre nosoutros o sangue dese home.

29Pedro e os apóstolos responderon:
-Cómpre obedecer a Deus antes cós homes. 30O Deus de nosos pais resucitou a Xesús, a
quen vós matastes colgándoo dun madeiro; 31pois a este enxalzouno Deus coa súa dereita,
facéndoo Xefe e Salvador, a fin de lle outorgar a Israel a conversión e o perdón dos
pecados. 32E nós somos testemuñas destas cousas e tamén o Espírito Santo, que Deus dá
ós que o obedecen.

40Entón chamaron polos apóstolos, e, despois de os azoutar, ordenáronlles que non
falasen no nome de Xesús, e deixáronos ir. 41Eles saíron de diante do consello moi alegres
de resultaren dignos de sufrir por mor do Nome


SALMO RESP. Sal 29, 2 e 4. 5 e 6. 11 e 12a e 13b
R/ (2a): Eu lóuvote, Señor, que me liberas
Ou: Aleluia

2Eu lóuvote, Señor, que me liberas
e non deixas que o inimigo faga riso de min.
4sácasme do abismo
e mantesme na vida,
lonxe dos que baixan ó sepulcro.

5Cantádelle ó Señor os seus amados,
louvade o seu santo nome.
6O seu asaño dura só un intre;
o seu favor, toda a vida.
Se hai pranto á tardiña,
ó abrente xa hai ledicia.

11Escoita, Señor; ten compaixón de min,
se ti, Señor, a miña axuda.
12Ti podes troca-lo loito en danza,
13Señor, meu Deus,
por sempre te hei louvar.


SEGUNDA Ap 5, 11-14
É digno o Año a quen mataron de recibi-la forza e a riqueza
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE SAN XOÁN

11Eu, Xoán, vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns:
o número deles era de milleiros e milleiros. 12Proclamaban con forte voz:
"Merecente é o Año, por estar degolado,
de recibi-lo poder, a riqueza, a sabedoría, a forza,
a honra, a gloria e a bendición".

13E oín que tódalas criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar
e tódalas cousas que hai nelas, proclamaban:
"Para quen está sentado no trono e para o Año:
a bendición, a honra, a gloria e o poder
polos séculos dos séculos".

14E os catro animais dicían: "Amén" e os anciáns caeron en adoración.



ALELUIA
Resucitou Cristo, que creou tódalas cousas
e tivo misericordia do xénero humano



EVANXEO Xn 21, 1-19 (longo)
Ven Xesús e toma o pan e dálle-lo e máis peixe
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

21 1Aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi
deste xeito: 2estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xémeo, Natanael o de Caná
de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus. 3Simón Pedro díxolles:
-Vou pescar.

Eles contestaron:
-Imos nós contigo tamén.

Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada. 4Xusto cando acababa de
rompe-lo día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de
que era Xesús. 5Xesús preguntoulles:
-Rapaces, ¿tedes algo que comer?

Eles responderon:
-Non.

6Díxolles entón:
-Largade o aparello por estribor e atoparedes.

Eles largárono, e xa non podían halalo a bordo, de tanto peixe. 7Daquela, aquel discípulo a
quen amaba Xesús díxolle a Pedro:
-É o Señor.

Entón Simón Pedro, o escoitar que era o Señor, cinguiu o vestido -pois estaba espido- e
botouse ó mar. 8Os outros discípulos chegaron no bote, porque non estaban lonxe de terra
senón a menos de cen metros, remolcando o aparello cos peixes. 9Cando vararon en terra,
viron que había unhas brasas cun peixe enriba, e mais pan.

10Xesús díxolles:
-Traede peixes dos que acabades de coller.

11Simón Pedro subiu ó bote e arrastrou para terra o aparello cheo de cento cincuenta e tres
peixes grandes; e, con seren tantos, non rachou o aparello.

12Xesús díxolles:
-Vinde comer.

Ningún dos seus discípulos se atrevía a preguntarlle __ti quen es__, sabedores de que era o
Señor. 13Foi Xesús, colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe.

14Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou ós seus discípulos resucitado de entre os
mortos.

15Cando xa comeran, preguntoulle Xesús a Simón Pedro:
-Simón de Xoán ¿ámasme máis ca estes?

El contestoulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:
-Apacenta os meus años.

16E de novo preguntoulle por segunda vez:
-Simón de Xoán, ¿ámasme?

El respondeulle:
-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas.

17E preguntoulle por terceira vez:
-Simón de Xoán, ¿quéresme?

Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez "¿quéresme?", e respondeulle:
-Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.

Xesús díxolle:
-Apacenta as miñas ovellas. 18Con toda verdade cho aseguro: cando eras novo vestíaste ti
e ías onde querías; cando te fagas vello, estendera-las túas mans, e vestirate outro e
levarate onde non queres.

19Dixo isto para significar con que clase de morte había de dar gloria a Deus. E despois
engadiu:
-Sígueme.


Ou máis breve: 1-14

21 1Aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi
deste xeito: 2estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xémeo, Natanael o de Caná
de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus. 3Simón Pedro díxolles:
-Vou pescar.

Eles contestaron:
-Imos nós contigo tamén.

Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada. 4Xusto cando acababa de
rompe-lo día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de
que era Xesús. 5Xesús preguntoulles:
-Rapaces, ¿tedes algo que comer?

Eles responderon:
-Non.

6Díxolles entón:
-Largade o aparello por estribor e atoparedes.

Eles largárono, e xa non podían halalo a bordo, de tanto peixe. 7Daquela, aquel discípulo a
quen amaba Xesús díxolle a Pedro:
-É o Señor.

Entón Simón Pedro, o escoitar que era o Señor, cinguiu o vestido -pois estaba espido- e
botouse ó mar. 8Os outros discípulos chegaron no bote, porque non estaban lonxe de terra
senón a menos de cen metros, remolcando o aparello cos peixes. 9Cando vararon en terra,
viron que había unhas brasas cun peixe enriba, e mais pan.

10Xesús díxolles:
-Traede peixes dos que acabades de coller.

11Simón Pedro subiu ó bote e arrastrou para terra o aparello cheo de cento cincuenta e tres
peixes grandes; e, con seren tantos, non rachou o aparello.

12Xesús díxolles:
-Vinde comer.

Ningún dos seus discípulos se atrevía a preguntarlle __ti quen es__, sabedores de que era o
Señor. 13Foi Xesús, colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe.

14Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou ós seus discípulos resucitado de entre os
mortos.

Comentarios

Publicacións populares