MANIFESTO ANTE O PRIMEIRO DE MAIO HOAC
PRIORIZANDO ÁS PERSOAS
DESCARTAMOS A INDECENTE PRECARIEDADE
De novo, ante o 1º de Maio, Día Internacional do Traballo, as organizacións que promovemos a Iniciativa Igrexa polo Traballo Decente unimos as nosas voces e forzas nesta festa dos traballadores e traballadoras e de san Xosé obreiro para celebrar o sentido creador do traballo, e para pór de relevo a urxente necesidade de pór fin á secuela da precariedade laboral que caracteriza o actual sistema de relacións labores e que lesiona os dereitos das persoas traballadoras e das súas familias.
Constatamos que o traballo decente, que forma parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, é un elemento imprescindible para a xustiza social e a cohesión de toda a humanidade.
Como denuncia César, de Zaragoza, "a maioría de traballos que me ofrecen as empresas son precarios, horas soltas, substitucións puntuais... Non dan para vivir de forma digna, nin moito menos. Este tipo de traballo xérame moita tensión e teño medo do día de mañá. Por iso, este 1º de maio acudirei á rúa para xunto a outros tentar conseguir un traballo digno".
A indecente precariedade do traballo está a afectar duramente á mocidade afundida nunha pobreza crónica que lles imposibilita un proxecto de vida; a familias cuxas necesidades básicas quedan sen asegurar ou sen cubrir, como son o teito, luz, comida, roupa ou medicamentos; e a persoas maiores que sofren unha vellez sen calidade por mor dunhas pensións indignas. Trátase de situacións provocadas por un sistema capitalista inxusto que sitúa o traballo, non como fonte de vida e dignidade, senón como recurso ao servizo imperioso do capital á conta da precariedade latente das persoas traballadoras e da exclusión de todos aos que o papa Francisco define como "descartados".
Afirmamos que o traballo é esencial para a vida das persoas porque axuda a construír a nosa humanidade. A través del potenciamos, desenvolvemos e expandimos as nosas capacidades e calidades. É necesario repensar o sentido do traballo, da economía e da empresa, devaluadas na nosa sociedade. Para iso temos que esixir a políticos, gobernantes e poderes económicos uns dereitos que son básicos para a construción dunha sociedade cuxo sentido e función sirvan ao ben común.
O traballo está en función da persoa e non a persoa en función do traballo como sinalou Xoán Paulo II en Laborem exercens, 6. Na reflexión sobre o futuro do traballo realizada pola Organización Internacional do Traballo con motivo da celebración do centenario da súa creación fai fincapé na urxencia de unificar a loita contra a precariedade. Propón, para iso, un programa centrado nas persoas e baseado no investimento nas capacidades dos individuos, as institucións laborais e no traballo decente e sustentable.
Desde estas constatacións, reclamamos:
- Que se sitúe á persoa no centro da vida política, das relacións laborais e
do traballo, a fin de abordar a indecente precariedade que descarta a millóns de
persoas ao acceso "a un traballo decente e non de calquera modo", en palabras do
papa Francisco, e de facilitar o diálogo social entre os gobernos e as organizacións
de traballadores e traballadoras, empresariado e axentes sociais.
- Que se faga efectivo por parte dos poderes públicos o dereito a un traballo digno
para todas as persoas, xa que o traballo é expresión da propia dignidade
- Que se recoñeza social e xuridicamente o traballo de coidados. Para iso necesitamos
unha formulación nova de políticas sociais, de xénero e educativas que facilite unha
prestación dos coidados compartida por homes e mulleres, e que posibilite unha
igualdade real de oportunidades no lugar de traballo.
- Afirmamos que o traballo é para a vida, polo que se ten que producir nunhas
condicións laborais que garantan a integridade física e psíquica da persoa, e que
garantan a súa protección social. Por iso reclamamos: Nin unha persoa morta máis
por accidente de traballo.
Como entidades da Igrexa sensibles e comprometidas coa realidade no mundo obreiro e do traballo, neste 1º de Maio e de san Xosé obreiro convidamos ás comunidades cristiás a celebrar a Eucaristía como signo de solidariedade con quen sofren a precariedade e deshumanización do traballo.
Convidamos, igualmente, a participar naquelas actividades que convoquen as organizacións sindicais para esixir un traballo decente acorde coa dignidade de todas as persoas.

Madrid, 23 de abril de 2019.
Comentarios
Publicar un comentario