Domingo 6 de Pascua C
PRIMEIRA Feit 15, 1-2. 22-29
Decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non impoñervos máis
cargas cás precisas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
15 1Algúns que baixaron desde Xudea ensinaban ós irmáns:
"se non vos circuncidades
conforme á tradición de Moisés, non vos podedes
salvar". 2Como se orixinou un
desacordo e unha disputa non pequena de Paulo e Bernabé
contra eles, acordaron que
Paulo, Bernabé e algúns outros subisen a Xerusalén a
trata-la cuestión cos apóstolos e os
responsables.
22Entón os apóstolos e os responsables de acordo con toda a
Igrexa, decidiron elixir
algúns de entre eles e mandalos a Antioquía, xunto con Paulo
e Bernabé; Xudas, chamado
Barsabás, e Silas, homes que destacaban entre os irmáns. 23E
por medio deles mandaron
esta carta:
"Os irmáns apóstolos e responsables saúdan ós irmáns de
orixe pagá, que están en
Antioquía, Siria e Cilicia. 24Somos sabedores de que algúns,
saídos de aquí e a quen non
demos mandato ningún, andan por aí desacougándovos coas súas
palabras; 25decidi-mos
escoller uns delegados e mandárvolos, xunto cos nosos
benqueridos Bernabé e Saulo,
26que teñen dedicado a súa vida á causa de noso Señor Xesús
Cristo; 27mandámos-vos,
logo, a Xudas e Silas, que vos dirán de palabra as mesmas
cousas. 28Porque decidimos, o
Espírito Santo e mais nós, non impoñervos máis cargas cás
precisas: 29absterse de carnes
ofrecidas ós ídolos, do sangue, de animais afogados e da
unión deshonesta; faredes ben en
gardarvos destas cousas. Saúde".
SALMO RESP. Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/ (4): 4Lóuvente, Deus, os pobos,
lóuvente os pobos todos.
2Deus se apiade de nós e nos bendiga,
móstreno-la luz da súa presencia.
3Que se coñezan na terra os seus camiños
e en tódolos pobos a súa salvación.
5Alégrense e canten as nacións,
porque ti gobérna-los pobos rectamente
e guías na terra as nacións.
6Lóuvente, Deus, os pobos,
lóuvente os pobos todos.
8Que Deus nos bendiga e que o teman
os confíns todos do mundo.
SEGUNDA Ap 21, 10-14. 22-23
Mostroume a santa cidade que descendía do ceo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE
SAN XOÁN
10Levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e
amosoume a cidade santa,
Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus; 11tiña a gloria
do mesmo Deus. O seu
resplandor imitaba o dunha pedra moi preciosa, unha pedra
cristalina de xaspe. 12Tiña
unha muralla grande e alta con doce portas de entrada; e
enriba das portas doce anxos; e
escritos nelas os seus nomes, que son os das doce tribos de
Israel: 13tres portas polo
Nacente, tres portas polo Norte, tres portas polo Mediodía e
tres portas polo Poñente. 14A
muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os alicerces,
doce nomes, que son os dos doce
Apóstoles do Año.
22Nela non vin santuario ningún, porque o seu santuario é o
Señor Deus, que todo o
sostén, e mailo Año. 23A cidade non precisa sol nin lúa que
a ilumine, que a ilumina a
gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada.
ALELUIA Xn 14, 23
Quen me ama, cumplirá a miña palabra, di o Señor;
e o meu Pai amarao e viremos a el
EVANXEO Xn 14, 23-29
O Espírito Santo recordaravos todo canto vos dixen
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dilles Xesús ós seus discípulos:
-Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao,
e viremos onda el, e
faremos vida con el. 24O que non me ama, non garda as miñas
palabras; e a palabra que
escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.
25Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; 26pero o
Paráclito, o Espírito Santo
que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e
traeravos á memoria canto
eu vos dixen. 27Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non
vola dou coma o mundo a dá.
Non vos angustiedes, nin teñades medo. 28Oístes que vos
dixen "voume e logo volvo onda
vós". Se me amasedes, alegrariádesvos de que eu vaia
onda o Pai, xa que o Pai é máis ca
min.
29Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando
suceda, creades.
Comentarios
Publicar un comentario