Domingo 5 de Coresma C
PRIMEIRA Is 43, 16-21
Velaí procuro a renovación e darei de beber ó meu pobo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
16Así fala o Señor, que fixo un camiño polo mar e unha verea
polas augas impetuosas, 17que fixo saír carros e cabalos, un exército moi poderoso.
Eles deitaranse e non se levantarán, apagáronse coma a
torcida dun candil, extinguíronse.
18Non vos lembrades das cousas pasadas? Non
comprendéde-las cousas antigas?
19Ollade: eu estou facendo algo novo; xa agroma: ¿non vos
dades conta?
Si, vou abrir un camiño no deserto, ríos na estepa.
20Os animais do campo honraranme, os chacais e os poliños da
avestruz,
porque porei augas no deserto, ríos no ermo,
para darlle de beber ó meu pobo, ó meu escollido,
21ó pobo que eu criei para min, e que contará a miña
louvanza.
SALMO RESP. Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6
R/ (3): O Señor fai connosco cousas grandes,
estamos cheos de alegría.
Cando vire o Señor a sorte de Sión,
estaremos coma en soños.
2Terémo-la boca chea de risos
e a lingua de cantares.
3Os pagáns dirán entón:
-"O Señor fai con eles cousas grandes".
O Señor fai connosco cousas grandes,
estamos cheos de alegría.
4Vira, Señor, a nosa sorte,
coma os regatos no deserto.
5Os que entre bágoas sementan,
entre cantares recollen.
6Cando van, van chorando
os que levan a semente.
O viren, veñen cantando
os que traen os monllos.
SEGUNDA Flp 3, 8-14
Por Cristo considerei perda tódalas cousas, conformándome á
súa morte
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS FILIPENSES
Irmáns e irmás:
8Todo me parece perda comparado co grande que é coñecer a
Cristo Xesús, o meu Señor. Por El tirei con todo e doulle tanto valor coma ó lixo con
tal de gañar a Cristo 9e de vivir nel; non por ter unha xustiza miña propia por cumpri-la Lei,
senón pola xustiza que se recibe coma resposta á fe.
10Así podereino coñecer a El, experimenta-la forza da súa
resurrección e solidarizarme cos seus sufrimentos, reproducindo en min a súa morte, 11para
ver de chegar eu tamén á resurrección dos mortos.
12Non é que eu xa chegase á meta nin que xa teña chegado á
perfección. Non. Eu aínda vou correndo, a ver se a alcanzo, xa que tamén eu fun
alcanzado por Cristo Xesús. 13Irmáns, eu non boto de conta que a teña alcanzado. Ei-lo
único que fago: esquezo o que quedou atrás, lánzome cara ó que está diante, 14bulo para
pilla-lo premio ó que Deus desde arriba nos convoca en Cristo Xesús.
VERSIÑO Xl 2, 12-13
Así que, di o Señor,
convertédevos a min de todo corazón;
porque son benigno e misericordioso
EVANXEO Xn 8, 1-11
Quen de vós estea sen pecado, sexa o primeiro en tirarlle a
pedra
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
8 1 Xesús saíu para o Monte das Oliveiras. 2Pero á alborada,
presentouse outra vez no templo e toda a xente veu onda el; el sentouse e empezou a
ensinar.
3Os escribas e fariseos trouxéronlle unha muller sorprendida
en adulterio; puxérona no medio e medio e 4preguntáronlle:
-Mestre, a esta muller collérona en flagrante adulterio.
5Moisés, na Lei, mandounos apedrar a esta xente. ¿Ti que dis?
6Preguntábanllo á mala fe para teren así de que o acusar.
Pero Xesús, abaixado, escribía co dedo na terra. 7Como lle seguían preguntando, ergueuse e
díxolles:
-Quen de entre vós non teña pecado, que lle tire a primeira
pedra, 8E, abaixándose outra vez, escribía na terra. 9Pero eles, ó que o escoitaron,
foron liscando un a un, comezando polos máis vellos. Quedou el só coa muller, que seguía no
medio. 10Ergueuse entón e
preguntoulle:
-Muller ¿onde van? ¿Ninguén te condenou?
11Ela respondeulle:
-Ninguén, Señor.
Díxolle Xesús:
-Tampouco eu non te condeno: vaite e desde agora non peques
máis.
Comentarios
Publicar un comentario