PREMIOS SPERA 2018 - Orgullosos dos nosos
Onte comprobamos con sorpresa, alegría e admiración que o traballo dá froitos.
Sendo como somos unha das dioceses máis pequenas de España
en Tui-Vigo atopámonos bendicidos pola mocidade máis musical de Galicia
(e asegúrovos que hai máis que pronto verán recoñecidos os seus esforzos).
Desde o ano pasado, a Pastoral de Juventud concede uns premios
aos músicos católicos do país en diferentes categorías e
vímonos representados en 8 delas, a ledicia é inmensa pero,
vendo como se esforzan, ben merecida, inda que eles non se atrevan a dicilo
eu si, que son irmáns benqueridos e un modelo de enerxía e ilusión para todos.
Damos as grazas por Rogelio Cabado,
que cada ano imparte os cursos de Música e Evanxelización
organizados aquí por Ángel Romero,
compañeiro na Pastoral Xuvenil diocesana
e por Sara & Mingos, aos que vimos nacer
como músicos católicos nesa mesma escola
e grazas tamén por Rubén de Lis,
entregado en corpo e alma á evanxelización
a través da música e unha figura de referencia de traballo,
alegría, humildade e ilusión por construir o Reino.
Parabéns a todos!!
Como vos queremos e admiramos...
Comentarios
Publicar un comentario