Domingo 5 de Coresma A
PRIMEIRA Ez 37, 12-14
Daréivo-lo meu Espírito e viviredes
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍS DE EZEQUIEL
Isto di o Señor:
-Velaí que eu vou abri-las vosas sepulturas,
e vouvos facer subir das vosas sepulturas, meu pobo,
e vouvos levar á terra de Israel.
13Recoñeceredes que eu son o Señor,
cando eu abra as vosas sepulturas,
e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu pobo.
14Vou poñer en vós o meu espírito
e vouvos facer revivir na vosa terra.
Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago
-é o Señor quen fala-.
SALMO RESP. Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4c-6. 7-8
R/ (7): No Señor está o amor
e a redención cumprida.
Desde os abismos chámote, Señor;
2escoita, Señor, a miña voz.
Ten atentos os oídos
ó clamor da miña súplica.
3Se ti levas conta dos pecados,
¿quen, Señor, se terá en pé?
4Mais en ti está o perdón,
para te faceres respectar.
5Eu espero no Señor,
a miña alma espera;
eu confío na súa palabra.
6A miña alma vólvese ó Señor,
máis do que os vixías á aurora.
Se os vixías esperan a aurora,
7que Israel espere ó Señor,
pois no Señor está o amor
e a redención cumprida.
8El é quen redime a Israel
de tódolos pecados.
SEGUNDA Rm 8, 8-11
O Espírito de quen resucitou a Xesús de entre os mortos
habita en vós
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
8Os que viven conforme á carne, non poden agradar a Deus.
9Pero vós non vivides así, senón conforme o Espírito, posto
que o Espírito de Deus habita en vós: se algún non ten o Espírito de Cristo, ese non é de
Cristo. 10Se Cristo está en vós, o voso corpo certamente está morto por culpa do pecado, mais
o Espírito é vida por causa da xustiza. 11Se o Espírito do que resucitou dos mortos a
Xesús habita en vós, o mesmo que resucitou a Cristo dos mortos vivificará os vosos corpos
mortais polo seu Espírito que habita en vós.
VERSIÑO Xn 11, 25a. 26
Eu son a resurrección e a vida, di o Señor;
quen cre en min non morrerá endexamais
EVANXEO Xn 11, 1-45 (longo)
Eu son a resurrección e a vida
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
11 1Había un enfermo, Lázaro de Betania, da aldea de María e
da súa irmá Marta. 2María fora a que unxira ó Señor con perfume e lle enxugara os pés
cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo. 3Por iso, as irmás mandaron a dicirlle
a Xesús:
-Señor, mira, o que amas está enfermo.
4O oílo, dixo Xesús:
-Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de
Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.
5Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a
Lázaro. 6Anque oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se
atopaba. 7Despois disto, díxolles ós discípulos:
-¡Vaiamos outra vez á Xudea!
8Os discípulos respondéronlle:
-Mestre, aínda non hai nada que te querían apedra-los
xudeus, ¿e vas ir outra vez alí?
9Xesús replicou:
-¿Non hai doce horas de día? Se alguén camiña de día, non
tropeza, pois ve a luz deste mundo; 10mais se alguén camiña de noite, tropeza, pois non
hai luz nel.
11En dicindo isto, proseguiu:
-Lázaro, o noso amigo, dorme; pero eu vouno espertar.
12Dixéronlle entón os discípulos:
-Señor, se dorme, curará.
13Xesús dicíao da morte. Pero eles coidaban que falaba do
repouso do sono. 14Entón Xesús díxolles abertamente:
-Lázaro morreu, 15e alégrome por vós de non estarmos alí,
para que creades. ¡Así que vamos onda el!
16Díxolles entón Tomé -o chamado Xémeo- ós outros
discípulos:
-¡Vaiamos tamén nós morrer con el!
17Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba
catro días no sepulcro.
18Betania estaba preto de Xerusalén, a uns tres quilómetros:
19moitos dos xudeus foran onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán.
20Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio,
quedou na casa. 21Díxolle entón
Marta a Xesús:
-Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; 22pero
eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.
23Xesús díxolle:
-Teu irmán resucitará.
24Marta respondeulle:
-Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.
25Díxolle Xesús:
-Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque
morra, vivirá; 26e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. ¿Cres ti isto?
27Ela respondeu:
-Si, Señor: eu creo que ti e-lo Cristo, o Fillo de Deus, que
había de vir ó mundo.
28E, ditas estas cousas, saíu e chamou por María, súa irmá,
dicíndolle polo baixo:
-O Mestre está aquí e chama por ti.
29Ela, ó oílo, ergueuse de contado e foi onda el. 30(Aínda
non chegara Xesús á aldea, senón que estaba no mesmo sitio onde o atopara Marta).
31Entón os xudeus que estaban con ela na casa para lle daren o pésame, vendo a María que
se ergueu de contado e saíu, foron detrás dela, coidando que ía á sepultura para chorar
alí. 32María chegou onde estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés, dicíndolle:
-Señor, se ti estiveses aquí, non morrería meu irmán.
33O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén os xudeus que
viñeran con ela, apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido,
34preguntou:
-¿Onde o puxestes?
Contestáronlle:
-Señor, ven ver.
35E Xesús botouse a chorar.
36Entón comentaban os xudeus: "¡Ai que ver como o
quería!"
37Pero algúns deles dixeron: "E logo este, que deu
vista ós ollos dun cego, ¿non podía facer que non morrese?"
38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha
cova, e tiña unha pedra por riba.
39Xesús ordenou:
-Arredade a pedra.
Marta, a irmá do finado, díxolle:
-Señor, xa cheira, que leva catro días.
40Xesús contestoulle:
-¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus?
41Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:
-Meu Pai, douche gracias porque me escoitaches. 42Eu ben
sabía que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que
crean que ti me mandaches.
43E dito isto, gritou con voz forte:
-¡Lázaro, ven para fóra!
44Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a
cara envolta nun sudario.
Xesús ordenoulles:
-Desenleádeo e deixádeo ir.
45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o
que fixo, creron nel.
Ou máis breve: 3-7. 17. 20-27. 33b-45
3As irmás de Lázaro mandaron a dicirlle a Xesús:
-Señor, mira, o que amas está enfermo.
4O oílo, dixo Xesús:
-Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de
Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.
5Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a
Lázaro. 6Anque oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se
atopaba. 7Despois disto, díxolles ós discípulos:
-¡Vaiamos outra vez á Xudea!
17Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba
catro días no sepulcro.
20Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó
encontro. María, en cambio, quedou na casa. 21Díxolle entón Marta a Xesús:
-Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; 22pero
eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.
23Xesús díxolle:
-Teu irmán resucitará.
24Marta respondeulle:
-Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.
25Díxolle Xesús:
-Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque
morra, vivirá; 26e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. ¿Cres ti isto?
27Ela respondeu:
-Si, Señor: eu creo que ti e-lo Cristo, o Fillo de Deus, que
había de vir ó mundo.
33A Xesús apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido,
34preguntou:
-¿Onde o puxestes?
Contestáronlle:
-Señor, ven ver.
35E Xesús botouse a chorar.
36Entón comentaban os xudeus: "¡Ai que ver como o
quería!"
37Pero algúns deles dixeron: "E logo este, que deu
vista ós ollos dun cego, ¿non podía facer que non morrese?"
38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha
cova, e tiña unha pedra por riba.
39Xesús ordenou:
-Arredade a pedra.
Marta, a irmá do finado, díxolle:
-Señor, xa cheira, que leva catro días.
40Xesús contestoulle:
-¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus?
41Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:
-Meu Pai, douche gracias porque me escoitaches. 42Eu ben
sabía que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que
crean que ti me mandaches.
43E dito isto, gritou con voz forte:
-¡Lázaro, ven para fóra!
44Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a
cara envolta nun sudario.
Xesús ordenoulles:
-Desenleádeo e deixádeo ir.
45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o
que fixo, creron nel.
CANTO GOZOSO
TVG:
Comentarios
Publicar un comentario