4 abr. 2017

O Espírito de quen resucitou a Xesús de entre os mortos habita en vós - Rm 8, 8-11

Domingo 5 de Coresma - ciclo A


ANTÍDOTO CONTRA 
TODA CORRUPCIÓN

O universo está baleiro
do teu Espírito e o teu misterio
porque o enchemos de estériles explicacións
que che deixan fóra e non interrogan.
Sopra o teu alento creador,
que todo recobre o seu lugar e o seu sentido
e deixe de ser caos informe.

A terra está contaminada
pola polución e a explotación incontrolada;
asfixiámonos polo aire enrarecido
e porque esquilmamos todas as súas fontes.
Sopra o teu alento puro:
que respiremos outra vez frescor de vida
no medio desta cultura destrutiva.

Os pobos están extraviados,
por violencias, inxustizas e guerras,
abusos, privilexios e componendas.
Sopra o teu alento vivo:
que combata eficazmente
tanta corrupción e morte.

Os crentes estamos inseguros e divididos,
encerrados nos nosos círculos
e doloridos desta situación que nos pode.
Sopra o teu alento forte:
para que unidos demos testemuño
de que Ti es Deus creador e liberador.
E exhala o teu alento sobre min
para que recobre vida e ilusión,
e aprenda a vivir como fillo/a 
no corazón do mundo,
manifestando que toda a túa obra é boa,
e está ben feita.
    

Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario