Daréivo-lo meu Espírito e viviredes - Ez 37, 12-14

Domingo 5 de Coresma - ciclo A


MIRA, SEÑOR

MIRA, SEÑOR,
AQUELES A QUEN TI AMAS ESTÁN ENFERMOS.
Estamos enfermos, Señor, 
non nos atopamos ben na vida:
ás veces dóenos o corpo,
ás veces, case sempre, dóenos a alma
e, con frecuencia, fállannos as forzas.
Tropezamos e perdemos as esperanzas
porque nos falta o pulo do amor
que nos axude a levar unha vida entregada e xusta.
Mira a nosa parroquia, a nosa comunidade de crentes,
contempla a nosa cidade, observa o mundo enteiro:
filas de xente que vai e vén,
algúns, co bolso cheo e o corazón baleiro;
outros, co corazón cheo e os petos baleiros;
moitos, coa carteira e o corazón baleiros.


MIRA, SEÑOR,
AQUELES A QUEN TI AMAS ESTÁN ENFERMOS.
Non hai paz no mundo, non hai paz nas nosas vidas,
porque nos esquecemos da xustiza.
Non hai liberdade no mundo,
non vivimos a liberdade dos "fillos de Deus",
porque non descubrimos que a túa lei é unha lei de liberdade
que fai libres ás persoas;
porque non descubrimos que a verdade nos fai libres
e andamos entre enganos e ocultamientos.


MIRA, SEÑOR,
AQUELES A QUEN TI AMAS ESTÁN ENFERMOS.
Necesitamos que a nosa dor e a nosa morte 
se transformen en vida.
Cremos en ti, e, por iso, 
estamos chamados a ver a gloria de Deus.
Aumenta a nosa fe, Señor,
para que sexan posibles en nós
todas as marabillas das que nos falaches o Evanxeo.
GRAZAS, PAI, PORQUE SEMPRE NOS ESCOITAS.



Isidro Lozano





Comentarios

Publicacións populares