Domingo 2 de Pascua
PRIMEIRA Feit 2, 42-47
Todos cantos creran estaban dacordo e tiñan todo en común
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
42Os irmáns eran perseverantes en escoita-la ensinanza dos
apóstolos, na comuñón da
vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións.
43Apoderouse de todos o respecto, pois os
apóstolos facían moitas marabillas e sinais. 44Tódolos
crentes vivían unidos e tiñan todo
en común: 45vendían os seus bens e propiedades, e
repartíanos entre eles, conforme ás
necesidades de cada un. 46Todos a unha asistían diariamente
ó templo, partían o pan nas
casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón;
47louvaban a Deus, e eran ben vistos
por todo o pobo. Cada día o Señor aumentaba o número dos
salvos e xuntábaos ó grupo.
SALMO RESP. Sal 117, 2-4. 13-15. 22-24
R/ (1): Cantádelle ó Señor, porque é bo,
porque a súa misericordia dura por sempre
Ou: Aleluia
2Que o diga a casa de Israel:
o seu amor é eterno;
3que o diga a casa de Aharón:
o seu amor é eterno;
4que o digan os que temen ó Señor:
o seu amor é eterno.
13Empurran, empurran para tirarme,
pero o Señor é o meu auxilio.
14O Señor é a miña forza, o meu cantar,
El é a miña salvación.
15Oense cantares de gozo e de victoria.
nas moradas dos xustos:
a dereita do Señor é valente,
22A pedra que desbotaron os canteiros
convértese en pedra angular.
23Isto é cousa do Señor,
admirable feito á nosa vista.
24Este é o día en que obra o Señor:
relouquemos e alegrémonos nel.
SEGUNDA 1 Pe 1, 3-9
Rexeneróuseno-la esperanza viva pola resurrección de Xesús
Cristo de entre os mortos
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PEDRO APÓSTOLO
3¡Louvado sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo!
Que pola súa grande compaixón,
resucitou a Xesús Cristo da morte
e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,
4a unha herdanza que non se corrompe
nin se afea
nin murcha,
predestinada por Deus para vós;
5gracias á fe que vós tedes,
estades protexidos polo poder de Deus
en vistas á salvación
que está para se manifestar, no intre final.
6Por iso brincades de alegría, anque agora, se fai falta,
teñades que sufrir por un pouco
tempo diferentes probas. 7Deste xeito, o xenuíno da vosa fe
ten máis valía do que o ouro
-que, a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume- e
considérase merecente de louvanza,
gloria e honra cando se revele Xesús Cristo. 8A quen amades
sen o terdes visto; en quen
credes, aínda sen o ver; e brincades, cheos dunha alegría
indicible e gloriosa, 9porque
conseguíste-lo froito da vosa fe, a vosa salvación persoal.
ALELUIA Xn 20, 29
Porque me viches, Tomás, tes fe, di o Señor;
ditosos quen non viron e creron
EVANXEO Xn 20, 19-31
Pasados oito días, veu Xesús
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
19Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas
as portas onde estaban os
discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose
no medio, díxolles:
-Paz convosco.
20Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os
discípulos alegráronse, vendo o
Señor. 21El díxolles outra vez:
-Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos
mando a vós.
22E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
-Recibide o Espírito Santo: 23a quen lles perdoéde-los
pecados, quedaranlles perdoados; a
quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
24Pero Tomé, un dos Doce, o chamado Xémeo, non estaba con
eles cando chegou Xesús.
25Dicíanlle entón os outros discípulos:
-Vímo-lo Señor.
Pero el contestoulles:
-Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta
nelas o meu dedo; como
non meta a miña man no seu costado, non crerei.
26Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos,
e Tomé con eles. Chegou
Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio,
dixo:
-Paz convosco.
27Despois díxolle a Tomé:
-Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e
métea no meu costado. Non
sexas incrédulo, senón home de fe.
28Tomé respondeulle:
-¡Meu Señor e meu Deus!
29Xesús díxolle:
-¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!
30Moitos outros signos fixo Xesús diante dos seus
discípulos, que non se escribiron neste
libro. 31Estes escribíronse para que creades que Xesús é o
Mesías, o Fillo de Deus e,
crendo, teñades vida nel.
ENTRADA:
ASPERSIÓN:
A auga do Señor
GLORIA:
Gloria a Deus, gloria a Deus...
LECTURAS:
Xesús é Señor
OFERTORIO:
Grazas, Señor, graciñas
PAZ:
Que veña a paz á nosa terra
COMUÑÓN:
TVG:
ROSARIO DA
DIVINA MISERICORDIA:
Comentarios
Publicar un comentario