Humillouse a si mesmo, por iso Deus exaltouno - Flp 2, 6-11
Domingo de Ramos
ESPERANZAS MANTIDAS
Todo canto vive, de Ti recibe alento.
Todo canto crece, de Ti recibe savia.
Todo canto se move, de ti recibe aire.
Todo canto canta, de Ti saca a música.
Todo canto grita, de Ti aprende a protesta.
Ti fas no silencio.
Ti obras no secreto.
Ti constrúes sen facer ruído.
Ti creas sen medo.
Ti estás, á vez, profundamente escondido
e profundamente presente,
como o fermento na masa,
como o osíxeno na atmosfera,
como a fragrancia nas flores,
como o sabor nas froitas.
Grazas a Ti temos ganas de vivir
e de construír un mundo mellor
Grazas a Ti seguen vivos os xermes
de igualdade, liberdade e fraternidade.
Grazas a Ti soñamos utopías
e camiñamos con dignidade.
Grazas a Ti aprendemos a tolerancia
e a compartir as nosas sementes de verdade.
Grazas a Ti, homes e mulleres
de toda nación, lingua e cor,
van edificando os ceos novos e a nova terra
onde é posible entenderse na diferenza.
Espírito de Xesús,
acelera o día no que a Babel da desigualdade
e as murallas do Norte rico e insolidario
se desmoronen e non poidan volver levantarse,
e unha nova orde de valores sexa a Carta Magna
de todos os cidadáns do mundo.
Borra toda fronteira e lei-natural, relixiosa
que xustifica ou crea castas, clases, parias;
e envólvenos nunha paz, a túa paz,
onde sexa posible vivir todos como irmáns,
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario