Traballar a XORNADA MUNDIAL DA XUVENTUDE 2
O SENTIDO DA CRUZ
TOMADO do traballo do Secretariado Diocesán de Xuventude de Bilbao
INTRODUCCIÓN
O seguinte material propón actividades para traballar na aula con motivo da acollida da Cruz dos Xoves. Esta Cruz foie entregada por Xoán Paulo II ós xoves no ano 1984 co obxectivo de que sexa para eles unha imaxe permanente do amor e a entrega de Cristo, xunto coa exhoratación de envío a anuncialo por todo o mundo.
Habitualmente a Cruz atópase no Centro San Lorenzo de Roma. En diferentes momentos ten peregrinado por case todo o mundo. Con motivo da Xornada Mundial da Xuventude 2011 (JMJ 2011) foi entregada a xoves da Diócesie de Madrid o Domingo de Ramos do año 2009 para que nese prazo de tempo vaia pasando por diferentes Dióceses, ata volver a Madrid para os días das Xornadas (16 – 21 agosto 2011).
O material que aquí ofrecemos ten o obxectivo de ser unha motivación previa para quen participe nesta oración ou nalgún dos actos que se celebrarán con motivo da súa chegada.
OBXECTIVOS
1. Profundizar no sentido da Cruz de Xesús como consecuencia dunha vida de amor entregada ata o final.
2. Descubrir onde están hoxe as cruces, quen son os crucificados de hoxe.
DESENVOLVEMENTO
1. "PARÁBOLA DO ESPANTALLO"
1. "PARÁBOLA DO ESPANTALLO"
Le-la seguinte historia e comentarla coas preguntas que se suxiren ó final ou outras semellantes:
PARÁBOLA DO ESPANTALLO
Nun lonxano pobo vivía un labrego moi avarento e era tal a súa avaricia, que cando un paxaro comía un gran de trigo atopado no chan, poñíase furioso e pasaba os días vixiando que ninguén tocara a súa horta.
Un día tivo unha idea:
− Xa sei, construiréi un espantallo e deste modo aonxaréi ós animais da miña horta.
Colleu tres canas e fixo con elas os brazos e as pernas, logo, con palla, deulle forma ó corpo, unha cabaza sirviulle de cabeza, dous grans de millo de ollos, por nariz puxo una cenoria e a boca foi unha ringleira de grans de trigo.
Unha vez o espantallo estivo rematado, colocóulle unahs roupas rotas e feas e, dun golpe seco, espetóuno na terra. Pero entou se decatóu de que lle faltaba un corazón e colleu o melljor froito da pereira, etéuno entre a palla e marchou a casa.
Alí quedóu o espantallo movéndose ó ritmo do vento. Máis tarde un gorrión voóu despacio sobre a horta buscando onde poder atopar trigo. O espantallo, miróno e quixo escorrentalo a gritos, pero o paxaro posóu na árbore e dixo:
− Déixame coller trigo para os meus fillos.
− Non podo − contestóu o espantallo; pero tanto lle doía ver ó pobre gorrión pedindo comida, que lle dixo:
− Podes coller os meus dentes que son grans de trigo.
O gorrión colléunos e, de alegría, bicou a súa fronte de cabaza. O espantallo quedóu sen boca, pero moi satisfeito pola súa acción.
Unha mañá un coello entróu na horta. Cundo se dirixía hacia as cenorias, o espantallo mirouno e quixo escorrentalo, pero o coello miróuno e dixo:
− Só quero unha cenoria, teño fame.
Tanto lle dolía ó espantallos ver un coello famento que lle ofrecéu o seu nariz de cenoria. Unha vez o coello marchara, quixo cantar de alegría, pero non tiña boca, nin nariz para ulir o perfume das flores do campo, inda así, estaba contento.
Un día apareceuó un galo cantando canda el.
− Vou diciller á miña muller, a galiña, que non poña máis ovos para o dono desta horta, é un avarento que caei non nos dá comida – dixo o galo.
− Iso non está ben, eu daréche comida, pero non digas nada á túa muller. Colle os meus ollos que son grans de millo.
− Ben – dixo o galo. E foise agradecido.
Un pouco máis tarde alguén se acercóu a el e dixo:
− Espantallo, o labrego botóume da súa casa e teño frío, pódesme axudar?
− Quén es? – preguntóu o espantallo que xa non podía miralo, pois non tiña ollos.
− Son un vagamundo.
− Colle a miña roupa, é o único que podo ofrecerche.
− Oh, gracias, espantallo!
Máis tarde decatóuse de que alguén choraba xunta el. Era un neno que buscaba comida para a súa nai e o dono da horta non quixo darlle.
− Pobre, -dixo o espantallo -, douche a miña cabeza que é unha fermosa cabaza.
Cando o labrego foi á horta e viu ó espantallo naquel estado, enfadóse moito e prendéulle lume. Os seus amigos, vendo como ardía, acercaronse e ameazaron ó labrego, pero naquel momento caeu ó chan algo que pertencía a aquel monigote: o seu corazón de pera. Entón o home, ríndose, coméuno dicindo:
− Dicides que todo volo dera? Pois isto o como eu.
Pero só ó mordela, notóu o cambio nel e díxolles:
− Desde agora acolleréivos sempre.
Mentres, o espantallo se convertera en cinzas e o fume chegaba ata o sol transformándose no máis brillante dos seus raios.
Para o comentario
1. Describe o personaxe do Espantallo: as súas actitudes, os seus valores,…
2. Ten algún sentido a entrega do Espantallo e o seu final reducido a cinzas?
3. Ten algunha relación esta historia coa morte de Xesús?
2. ESCOITANDO O EVANXEO
PARA 3º E 4º ESO
Ler o relato da Paixón de Xesús: Lucas 22-23. Pódese facer unha lectura dialogada, repartindo os personaxes entre os alumnos. Profundizar no sentido da muerte de Xesús coas seguintes preguntas:
· Que actitudes de Xesús ó longo deste relato chaman máis a atención? Por que?
· Por que morre Xesús? Que lle leva ata a cruz?
· Cres que a súa morte tivo sentido?
· Que significa hoxe para nós a cruz de Xesús? Que significa que o signo de identidade dos cristiáns sexa “un instrumento de morte”?
· Coñeces algún testimonio de personas que, ó estilo de Xesús, entregaran a súa vida? (Para este momento o profesor pode ter preparada unha breve historia dalgún personaxe como S. Maximiliano Kolbe ou Teresa de Calcuta).
PARA BACHARELATO
Por grupos de 4 ou 5 alumnos, pídeselles que busquen no Novo Testamento as seguintes citas, que as lean e pregunten o que non se entenda:
Mateo 16,24-26: Cargar coa propia cruz e seguir a Xesús
Juan 12,24-26: O gran de trigo da froito cando morre
Filipenses 2,6-11: Xesús, Fillo de Deus, “humíllase”, faise escravo, entrega a súa vida na Cruz e Deus exáltao na Resurrección
Juan 13, 1-15: Lavatorio dos pés
A continuación, responden ás seguintes preguntas:
· Que te suxiren estas citas?
· Que quere dicir Xesús ó falar da cruz, de perde-la vida? É que para El a vida non ten valor?
· Por que no momento previo á Paixón, Xesús fai o xesto de lava-los pés ós seus amigos? Ten algunha relación coa súa morte?
· Que significa hoxe para nós a cruz de Xesús? Que significa que o signo de identidade dos cristiáns sexa “un instrumento de morte”?
· Coñeces algún testimonio de persoas que, ó estilo de Xesús, entregaran a súa vida? (Para este momento o profesor pode ter preparada unha breve historia dalgún personaxe como S. Maximiliano Kolbe ou Teresa de Calcuta).
3. QUEN SON OS CRUCIFICADOS DE HOXE?
Na última parte propoñemos elaborar un mural titulado: “Os crucificados de hoxe”. Para iso pedimos ós alumnos que recollan datos sobre colectivos que hoxe son desfavorecidos, son os crucificados de hoxe: persoas “sen teito”, mulleres maltratadas, anciáns abandoados, familias desestructuradas, países do Terceiro Mundo, os que sofren a fame, a guerra,… Pídese ós alumnos que reflexen no mural a situación que viven estas persoas e as causas que as provocan.
Os datos poden buscalos en Internet, medios de comunicación,… pero suxerimos indicar ós alumnos que se acerquen a algún colectivo cercano que traballe con algunha destas realidades de exclusión: Cáritas, ONGs,… para que ó mesmo tempo coñezan estas organizacións e ás persoas que traballan nelas.
Os murais poderán presentarse na oración guiada xunto á Cruz dos Xoves.
Comentarios
Publicar un comentario