CANDO PENSABAS QUE NON TE VÍA

REFLEXIÓNS 1


Cando pensabas que non te vía,
vinte pegar o meu primeiro debuxo ao refrixerador,
e inmediatamente quixen pintar outro.

Cando pensabas que non te vía,
vinte arranxar e dispor de todo na nosa casa
para que fose agradable vivir, pendente de detalles,
e entendín que as pequenas cousas
son as cousas especiais da vida.

Cando pensabas que non te vía,
escoiteite pedirlle a Deus e souben que existía un Deus
ao que lle podería eu falar e en quen confiar.

Cando pensabas que non te vía,
vinte preocuparte polos teus amigos sans e enfermos
e aprendín que todos debemos axudarnos
e coidarnos uns a outros.

Cando pensabas que non te vía,
vinte dar o teu tempo e diñeiro para axudar
a persoas que non teñen nada e aprendín
que aqueles que teñen algo
deben compartilo con quen non teñen.

Cando pensabas que non te vía,
sentinte darme un bico pola noite
e sentinme amado e seguro.

Cando pensabas que non te vía,
vinte atender a casa e a todos os que vivimos nela
e aprendín a coidar o que se nos dá.

Cando pensabas que non te vía,
vin como cumprías coas túas responsabilidades
aínda cando non te sentías ben,
e aprendín que debo ser responsable cando creza.

Cando pensabas que non te vía,
vin bágoas saír dos teus ollos e aprendín
que algunhas veces as cousas doen,
e que está ben chorar.

Cando pensabas que non te vía,
vin que che importaba
e quixen ser todo o que podo chegar a ser.

Cando pensabas que non te vía,
aprendín case todas as leccións da vida
que necesito saber para ser unha persoa boa
e produtiva cando creza.

Cando pensabas que non te vía, vinte e quixen dicir:
Grazas por todas as cousas que vin,
cando pensabas que non te vía! 





Comentarios

Publicacións populares