ORACIÓN DA 4ª SEMANA DE CORESMA




ORACIÓN AO PAI


Noso Pai que estás no Ceo,

durante esta época de arrepentimento,

ten misericordia de nós.


Coa nosa oración,

o noso xaxún

e as nosas boas obras,

transforma o noso egoísmo

en xenerosidade.


Abre os nosos corazóns

á túa Palabra,

sanda as nosas feridas

do pecado,

axúdanos a facer o ben neste mundo.

Comentarios

Publicacións populares