Saltar ao contido principal
ORACIÓN DA 3ª SEMANA DE CORESMA
A VIDA É UN CAMIÑO
A vida é un camiño.
Desde que nacemos é preciso partir.
Hai que ir deixando atrás moitas cousas: infancia, familia, fogar, ...
saír do presente e orientarse cara ao futuro .. e camiñar ..
Non podemos pararnos porque a vida segue.
O importante é non deixar a propia ruta e non saírse do camiño,
aínda que ás veces resulta difícil e costa arriba.
Pero non imos sós.
Camiñamos cos outros,
e Cristo tamén se fai compañeiro de camiño.
E o camiño ten unha meta.
A vida ten un sentido.
Ao final do camiño cearemos xuntos. E farase luz.
Entón Percibiremos que o corazón ardía mentres faciamos o camiño.
E virannos as ganas de reemprender o camiño,
de volver ao encontro dos que quedaron atrás.
Porque os outros tamén esperan que vaiamos dicirlles:
"Vimos ao Señor".
Comentarios
Publicar un comentario