IV CURSO DE MÚSICA E EVANXELIZACIÓN - DIOCESE TUI-VIGO
OBXECTIVOS
- Sensibilizar desde a arte e a música como medio de evanxelización actual, especialmente na catequese.
- Aprender novas cancións para celebracións.
- Coñecer a música católica moderna actual.
- Abrir horizontes na evangelización desde as redes de comunicación e a música.
- Captar a música portadora dun estilo de vida evangélico.
RELATORES
Unai Quirós:
Defínese como "alguén a quen a vida lle regalou a maneira de poder expresar o que vivo e sinto en forma de cancións. Música con valores e emoción, música que provén da vida. Música con sentido para vivir co cinco sentidos.
Esposo, pai, mestre, cantautor, catequista e formador."
Rogelio Cabado:
Cantautor e compositor, director de coro, educador. Coordinador musical para o V Centenario de Sta. Teresa de Jesús e impulsor dos Cursos de Música e Evanxelización desde o seu inicio en Valladolid (7 edicións), Cáceres (9 edicións), Herdanza (1 edición). Editou 22 discos musicais propios.
Daniel Goberna:
Sacerdote diocesano especialista en música. Párroco de Viladesuso,
Mougás, Pedornes, Santa María de Oia e San Xián
Montse González e Javier Rodríguez:
Profesores de primaria. Casados desde o ano 1978. Javier é autor do libro "O Espírito Santo en Clave de Sol". Membros fundadores da Comunidade de Caná e da Fraternidade de Familias Invencibles. Promoven e organizan Encontros de Familias por toda España. Ademais de colaboran na Pastoral Diocesana en Cursos de Música, Liturxia, Preparación ao Matrimonio, etc.
Ysma Azuaje:
Nova cantautora católica pertencente á Comunidade Nai de Deus, da Renovación Carismática
Ángel Romero:
Profesor de Ed. Secundaria, deseñador gráfico en Creatividade Católica para diferentes eventos de evanxelización, como o pasado V Centenario de Santa Teresa ou o actual Centenario do Sagrado Corazón de Xesús.
Yasmina Fernández:
Monitora e educadora de nenos. Experiencia en catequese e voluntariado. Experta en dinámicas artísticas e coreografía infantil.
DESTINATARIOS
Catequistas e axentes de pastoral, novas, grupos musicais, profesores de relixión e de música, coros, equipos de liturxia, sacerdotes e relixiosos/as e todos os que desexen gozar de bos momentos desde a música.
A través dunha serie de talleres didácticos, os relatores irán ofrecendo pautas para as nosas celebracións desde a música, con novas cancións e dinámicas que enriquecerán o noso labor pastoral con nenos, adolescentes, novos e adultos.
Non é imprescindible coñecer ou ler música. É un recurso estupendo para preparar a túa catequese, grupo de oración, ensaio de coro...
Traede instrumentos musicais quen teñades!
Os nenos que asistan ao curso participarán en talleres e actividades paralelos adecuados á súa idade, a cargo de Yasmina Fernández.
Entregarase un diploma de participación.
As comidas e ceas serán por conta de cada participante (facilitarase unha lista de sitios próximos para comer)
Rógase puntualidade na asistencia a todas as actividades
HORARIO
Venres 15 de febreiro
19:00 Acollida
19:30 As súas feridas curáronnos. Música e o Sagrado Corazón de Xesús - Daniel Goberna
21:00 Vixilia de Oración de Taizé (Capela do Colexio)
Sábado 16 de febreiro
9:30 Oración da mañá
10:00 Taller-Testemuño: Música a contracorrente - Javier de Montse e Ysma Azuaje
11:15 Descanso
11:30 Música e Emoción: introdución á Intelixencia Emocional e como elixir cancións que nos axuden a traballala - Unai Quirós
13:00 Descanso
13:15 Eucaristía (Capela do Colexio)
16:00 Chegamos aos niñ@s e mozos coa nosa música? - Unai Quirós
17:30 Descanso
17:45 Repertorio de cancións para tempos litúrxicos - Rogelio Cabado
19:15 Descanso
19:30 Deseño práctico para a evanxelización - Ángel Romero
20:45 Descanso
21:30 Concerto: As súas feridas curáronnos, con Unai Quirós, Manu Escudeiro, Rogelio Cabado e artistas convidados
Data: 15 e 16 de febreiro de 2019
Lugar: Colexio Fogar Afundación - Rúa Filipinas, 6 - Vigo
Inscrición do curso: Para sufragar os gastos do Curso pedimos un donativo de 15 euros,
que pode entregarse o mesmo día do Curso ou realizar ingreso na conta É40 2080
5000 6030 4032 0342 (Concepto: Curso música + Nome completo)
Información e Inscrición: Samuel Montes (Delegado de Pastoral Xuvenil)
Tlf. 667 006656 - tuivigopj@gmail.com.
Organiza:
Diocese de Tui-Vigo
Delegación de Pastoral Xuvenil de Tui-Vigo
IV Curso Música e EvanXelización
Vigo, 15 e 16 de febreiro
Comentarios
Publicar un comentario