Domingo 5 de Ordinario C
PRIMEIRA Is 6, 1-2a. 3-8
Aquí me tes, mándame
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
6 1O ano da morte do rei Ozías, vin o Señor sentado nun trono
alto e levantado. A orla do
seu manto enchía o santuario.
2De pé na súa presencia estaban dous serafíns.
3Exclamaban un cara ó outro: "¡Santo, Santo, Santo, o
Señor dos Exércitos: a terra toda
está chea da súa gloria!".
4Estremecían os marcos das portas da entrada co seu clamor,
e o santuario estaba cheo de
fume.
5Eu dixen: "¡Ai de min! ¡Estou perdido!
Pois sendo un home de labios lixados,
e que vive entre un pobo de labios lixados,
vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".
6Entón un dos serafíns voou onda min;
tiña na súa man unha brasa que collera de enriba do altar
cunhas tenaces,
7e achegouna á miña boca, dicíndome:
"Olla: isto tocou os teus labios,
a túa culpa desapareceu, o teu pecado está perdoado".
8Entón escoitei a voz do Señor que dicía:
"¿A quen mandarei? ¿Quen irá da nosa parte?".
Entón díxenlle: "Aquí estou, mándame a min".
SALMO RESP. Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 4-5. 7c-8
R/ (1c): Cántoche diante dos anxos, Señor
Douche as gracias, Señor, de todo corazón,
cántoche diante dos anxos;
2póstrome cara ó teu templo
e bendigo o teu nome,
polo teu amor e a túa fidelidade.
Mesmo máis grande cá túa sona
fixéche-la túa promesa.
3Cando te chamo, ti respóndesme
e acrecénta-las miñas forzas.
4Daranche as gracias, Señor,
tódolos reis da terra,
cando oian os ditos da túa boca.
5Cantarán os camiños do Señor,
pois grande é a gloria do Señor.
Contra o furor dos
meus inimigos
esténde-la túa man,
a túa dereita libérame:
8o Señor leva ata o final a miña causa.
O teu amor, Señor, é eterno;
non abandóne-las obras das túas mans.
SEGUNDA 1 Cor 15, 1-11(máis longa)
Así predicamos e así crestes vós.
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
15 1Quero que vos
acorde, irmáns, o Evanxeo que vos prediquei, que vós aceptastes, no
que ficades firmes 2e polo que vos estades salvando (se é
que o gardades tal como volo
anunciei; do contrario, a vosa fe sería inútil).
3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo
recibín: que Cristo morreu
polos nosos pecados conforme ás Escrituras; 4que o
sepultaron, que ó terceiro día
resucitou conforme ás Escrituras 5e que se apareceu a Cefas
e despois ós Doce. 6Máis
tarde apareceuse dunha soa volta a máis de cincocentos
irmáns; moitos deles aínda viven,
algúns xa finaron. 7Despois apareceuse a Santiago e logo a
tódolos apóstolos. 8En
derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á
deshora.
9Pois eu son o menor dos apóstolos, que nin son merecente de
me chamar apóstolo, xa que
perseguín a Igrexa de Deus; 10pero pola gracia de Deus son o
que son, e esa gracia que
fixo comigo non ficou baleira. O contrario, traballei máis
ca todos eles; anque non
precisamente eu, senón a gracia de Deus que está comigo.
11Pero, en fin, que sexa eu ou
que sexan eles, así predicamos e así crestes vós.
Ou máis breve: 3-8.
11
Irmáns e irmás:
3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo
recibín: que Cristo morreu
polos nosos pecados conforme ás Escrituras; 4que o
sepultaron, que ó terceiro día
resucitou conforme ás Escrituras 5e que se apareceu a Cefas
e despois ós Doce. 6Máis
tarde apareceuse dunha soa volta a máis de cincocentos
irmáns; moitos deles aínda viven,
algúns xa finaron. 7Despois apareceuse a Santiago e logo a
tódolos apóstolos. 8En
derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á
deshora.
11Pero, en fin, que sexa eu ou que sexan eles, así
predicamos e así crestes vós.
ALELUIA Mt 4, 19:
Seguídeme, di o Señor, e farei que sexades pescadores de
homes
EVANXEO Lc 5, 1-11
Deixándoo todo, seguírono
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
5 1Estando Xesús á beira do lago Xenesaret, mentres a xente
se amoreaba ó seu arredor,
escoitando a Palabra de Deus, 2viu dúas lanchiñas que
estaban na beira do lago. Os
pescadores que desembarcaran delas lavaban o aparello.
3Subiu a unha barca, que era de
Simón, rogoulle que se apartase un pouco da terra, e desde a
barca, sentado, ensinaba á
xente. 4Cando acabou de falar, díxolle a Pedro:
-Voga lago adentro, e larga o aparello para pescar.
5Respondeu Simón:
-Mestre, pasámo-la noite faenando e non demos collido un
rabo de peixe, pero, xa que ti o
dis, largarei o aparello.
6Así o fixeron, e colleron tal cantidade de peixe que o
aparello rebentaba. 7Fixéronlles
entón acenos ós compañeiros da outra lancha para que lles
fosen botar unha man. Foron e
encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a
pique. 8Vendo isto, Simón Pedro
botóuselle ós pés a Xesús, dicindo:
-Señor, arreda de min, que eu son un pecador.
9Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos
con tanto peixe como
colleran naquel lance. 10O mesmo lles pasaba a Santiago e
mais a Xoán, fillos de
Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E díxolle Xesús a
Simón:
-Tranquilo, desde agora vas ser pescador de homes.
11Varando as barcas en terra e deixándoo todo, seguírono.
Comentarios
Publicar un comentario