Bispos de Estados Unidos: A loita contra abusos requirirá "participación activa" de laicos

O Presidente da Conferencia de Bispos Católicos de Estados Unidos (USCCB), Cardeal Daniel DiNardo, asegurou que o traballo para combater os abusos sexuais por parte do clero, tras o cume convocado polo Papa Francisco, "requirirá a participación activa e a colaboración dos laicos".

Nun comunicado publicado este 24 de febreiro, ao concluír o encontro dos presidentes das conferencias episcopais de todo o mundo co Santo Pai, o Cardeal DiNardo destacou que estes días de traballo "foron desafiantes, frutíferos".

En setembro de 2018 o Papa convocou aos presidentes das conferencias episcopais de todo o mundo a un encontro para analizar o drama dos abusos sexuais por parte do clero, así como as respostas da Igrexa. O cume realizouse do 21 ao 24 de febreiro deste ano no Vaticano.

Ao concluír o evento, o Vaticano anunciou próximas medidas concretas para previr e enfrontar os casos de abusos sexuais, entre eles un próximo Motu Proprio do Papa Francisco "sobre a protección de menores e de persoas vulnerables".


O Cardeal DiNardo pola súa banda sinalou que "o testemuño dos sobrevivientes revelounos, outra vez, a profunda ferida no Corpo de Cristo".

"Escoitar os seus testemuños transforma o teu corazón. Vin iso no rostro dos meus irmáns bispos. Debémoslle aos sobrevivientes unha vixilancia inquebrantable para que nunca lles fallemos novamente".

Para curar esas feridas, indicou o Purpurado, débese "intensificar" a aplicación da "Carta de Dallas", como se coñece á Carta para a Protección de Nenos e Mozos, aprobada polos Bispos de Estados Unidos en 2002 e actualizada en 2005, 2011 e 2018.

"O Papa Francisco, a quen quero agradecer por esta asemblea, pediunos "medidas concretas e efectivas". Unha gama de presentadores, desde cardeais, outros bispos, irmás relixiosas e mulleres laicas falaron sobre un código de conduta para bispos, a necesidade de establecer protocolos específicos para manexar acusacións contra bispos, mecanismos de reporte fáciles de usar, e o rol esencial que a transparencia debe ter no proceso de sanación".

Para o Presidente da USCCB, "alcanzar estas metas requirirá a participación activa e a colaboración dos laicos. A Igrexa necesita as súas oracións, experiencia e ideas".

"Como aprendemos das xuntas de revisión diocesanas, requírese unha ampla gama de habilidades para avaliar as acusacións e asegurarse de que as políticas e procedementos locais sexan revisados regularmente e así a nosa resposta de sanación siga sendo efectiva".

"Todos os modelos discutidos esta semana dependen da Boa axuda do pobo de Deus", asegurou.


O Cardeal DiNardo indicou que el e os demais bispos de Estados Unidos se senten "afirmados no traballo que se está realizando. Reforzado polo que experimentei aquí, prepararémonos para avanzar propostas, en comuñón coa Santa Sé, en cada unha destas áreas, para que así os meus irmáns bispos poidan consideralas na nosa Asemblea Xeral de xuño".

"Hai unha urxencia na voz dos sobrevivientes á que debemos sempre responder. Estou tamén consciente de que os nosos próximos pasos poden ser un fundamento sólido para servir tamén a seminaristas, relixiosas e a todos aqueles que poidan vivir baixo a ameaza de abuso sexual ou abuso de poder".

O Purpurado destacou que "na nosa fe, experimentamos a agonía do Venres Santo. Pode causar un sentimento de illamento e abandono, pero a Resurrección é a promesa de sanación de Deus. Ao curar as feridas agora ante nós, atoparémonos ao Señor Resucitado. Só nel está toda esperanza e sanación".

 Ademais, o Cardeal DiNardo expresou unha "sincera palabra de agradecemento aos moitos que rezaron por min e por todos para que este encontro sexa un éxito".



Foto: Pixabay / Dominio público.


Completamente de acordo, pero hai que tomar medidas concretas xa, demasiado tempo levan esperando estes rapaces, non extraña nada que xa non se fíen das palabras, e, inda que aparezan medidas concretas, que se vexan reflexadas en feitos é o que marcará a diferenza... por suposto que os laicos estamos á expectativa, e tomámolo moi en serio, porque son os nosos fillos, irmáns, compañeiros, amigos... os que sufriron esa dor. Permanecemos vixiantes.

Persoalmente, doéronme as palabras do Papa falando das mulleres, máis que nunca vimos que os homes siguen sen entender o que é o feminismo, que, desde logo, non é a versión feminina do machismo, non hai máis que ir ao diccionario. Moito coidado coas palabras, que firen máis que as espadas...

Comentarios

Publicacións populares