Velaquí o meu servo en quen eu me comprazo - Is 42, 1-4. 6-7

Bautismo do Señor - ciclo B


O ESCÁNDALO DE XESÚS

A onde vai Xesús á beira do Xordán?
Un profeta entre pecadores?
Un salvador manchado?
Un redentor culpable?

Sorpréndenos Xesús e supéranos.
Gustaríanos corrixilo como a un fillo
e dicirlle: “Estás enganado”.

Xesús ponse na fila,
garda a súa quenda para ser bautizado.
Ao lado dos pecadores,
quen non ten pecado.

Xesús comeza a súa misión
non no templo, nin en palacios,
senón metido no río.
Deus di: “É o meu Fillo amado”.


Comentarios

Entradas populares