Convertéronse os ninivitas da súa mala vida - Xon 3, 1-5. 10

Domingo 3 do Tpo. Ordinario - ciclo B


ESTA TARDE 
VEÑO PREGUNTARVOS

Pedro, Andrés, Santiago, Xoán,
Pescadores, como tantos outros,
no lago de Galilea,
esta tarde veño preguntarvos:


Que vistes? Que oístes?

Que mirada, que chamada,
que xesto vos cativou o corazón
que, sen mediar palabra,
deixastes pai, redes, peixes,
lago e barca?



Dicídeme, que vistes nel?

Que palabras súas se vos coaron dentro?
Que lume ardía nel?
Que luz desprendía a súa mirada?



Andrés, Xoán, Santiago, Pedro,
vós, que pescades con El,
dicídelle que, como un humilde pescador,
camiño cada día
xunto ao lago da vida,
dicídelle tamén que o meu corazón
e a miña mirada búscano.


Fco. Javier García Gutiérrez






Comentarios

Publicacións populares