15 ene. 2018

Os vosos corpos son membros de Cristo - 1 Cor 6, I3c-I5a. I7-20

Domingo 2 de Ordinario - ciclo B


QUERO SER AMIGO TEU

Xesús,
Xesús,
quero ser amigo teu.
Un máis entre tantos
que gozan da túa amizade,
Xesús, quero ser do teu grupo.

Gústame como pensas,
gústame como falas,
gústame como actúas.
Eu quero seguirte.

De día e de noite quero que sexas
o meu mellor amigo, e que me
ensines o camiño da vida.

Xesús, lerei os teus evanxeos,
estarei atento á vida,
descubrireite nas sombras e na luz de cada día.

Xesús, dáme fe para seguirte,
humildade para escoitarte,
forza para imitarte,
e a ledicia de anunciarte,

Viva Xesús!
Viva quen defende o pan dos pobres!


No hay comentarios:

Publicar un comentario