Domingo 4 de Ordinario B
4º DOMINGO
TEMPO ORDINARIO - CICLO B
Primeira Lectura Deut 18,
15-20
Farei xurdir un profeta e poñerei as miñas palabras na súa boca
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Díxolle Moisés ao pobo:
O Señor, o teu Deus,
fará xurdir, no medio de ti, de entre os teus irmáns, un profeta coma min.
Facédelle caso, tal
como llo pediches ao Señor, o teu Deus, no Horeb o día de asemblea, dicindo:
Non quero seguir escoitando a voz do Señor, meu Deus, nin ver máis esta grande
labarada, para non morrer.
E entón o Señor
díxome: Fixeron ben en dicir isto. Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio
de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu
lle mande, e a aquel que non lles faga caso ás miñas palabras, as que o profeta
anuncie no meu Nome, eu pedireille contas.
Pero o tal profeta, se
ten o atrevemento de dicir no meu Nome cousas que eu non lle mandei dicir e
fala no nome de deuses alleos, entón morrerá ese profeta.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 94,
1-2. 6-7. 8-9
R/. (8): Oxalá escoitedes
hoxe a voz do Señor!
Non endurezades os vosos corazóns.
Vinde, cantémoslle ao Señor,
Aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza dándolle grazas,
aclamémolo con cancións.
Vinde, adorémolo prostrados,
axeonllémonos diante do Señor, que nos creou,
pois el é o noso Deus,
e nós somos o seu pobo, o rabaño que el guía.
Oxalá escoitedes hoxe a súa voz:
non endurezades os vosos corazóns, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
onde os vosos pais me tentaron:
provocáronme, por máis que tiñan visto os meus feitos.
Segunda Lectura 1 Cor 7,
32-35
A virxe considera o que corresponde a Deus para ser santa
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Irmáns:
Eu quixera vervos
libres de preocupacións. O non casado preocúpase das cousas do Señor, da
maneira de lle agradar.
Pero o casado
preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar á muller; e así está
dividido.
A muller non casada, o
mesmo cá doncela ceibe, preocúpanse das cousas do Señor, procurando seren
santas de corpo e alma.
Pero a casada
preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar ao seu home.
Dígovos isto polo voso
propio interese, non para vos amarrar botándovos un lazo; ao contrario, para
vos guiar no que é honesto e leva sen divisións ao Señor.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt 4, 16
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
O pobo asentado nas tebras viu unha inmensa luz
e para os asentados na rexión e na sombra da morte amenceu a luz.
Aleluia.
Evanxeo Mc 1, 21-28
Ensinábaos coma quen ten autoridade
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Naquel tempo viñeron a
Cafarnaúm e, ao chegar o sábado, Xesús púxose a ensinar na sinagoga.
Todos estaban
abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os
letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal
espírito, e púxose a berrar:
‑ Que temos que ver
contigo, Xesús de Nazaré? Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es
ti: ti es o Santo de Deus.
Xesús mandoulle:
‑ Cala, e bótate fóra
dese home.
O espírito malo
sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e
discutían entre si, dicindo:
‑ Que é isto? Unha
nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes aos espíritos malos, e
eles obedéceno.
E a súa sona
espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.
Palabra
do Señor R/. Loámoste, Cristo
https://www.slideshare.net/NuriaMNezElissetche/4-domingo-tob-2018
https://www.slideshare.net/NuriaMNezElissetche/4-domingo-tob-2018-bene-pagola
Comentarios
Publicar un comentario