Feliz Aninovo
Ser Feliz
Podes ter defectos, vivir ansioso e estar irritado algunhas veces,
pero non te esquezas de que a túa vida é a maior empresa do mundo.
Só ti podes evitar que ela vaia en decadencia.
Hai moitas persoas que te precisan, te admiran e te queren.
Gustaríame que sempre lembrases
que ser feliz non é ter un ceo sen tempestades, camiños sen accidentes,
traballos sen cansazo, relacións sen decepcións.
Ser feliz é atopar forza no perdón, esperanza nas batallas,
seguridade no palco do medo, amor nos desencontros.
Ser feliz non é só valorizar o sorriso,
senón tamén reflexionar sobre a tristeza.
Non é conmemorar o suceso, senón aprender leccións nos fracasos.
Non é ter alegría cos aplausos, senón atopar alegría no anonimato.
Ser feliz é recoñecer que vale a pena vivir a vida,
a pesar de todos os desafíos, incomprensións e períodos de crises.
Ser feliz non é unha fatalidade do destino,
senón unha conquista de quen sabe viaxar para dentro do seu propio ser.
Ser feliz é deixar de ser vítima dos problemas
e volverse un actor da propia historia.
É atravesar desertos fóra de si,
mais ser capaz de atopar un oasis no recóndito da nosa alma.
É agradecer a Deus cada mañá polo milagre da vida.
Ser feliz é non ter medo dos propios sentimentos.
É saber falar dun mesmo.
É ter coraxe para ouvir un "NON".
É ter seguridade para recibir unha crítica, aínda que sexa inxusta.
É bicar aos fillos, consentir aos pais e ter momentos poéticos cos amigos,
aínda que eles nos firan.
Ser feliz é deixar vivir á criatura libre,
alegre e simple que vive dentro de cada un de nós.
É ter madurez para dicir "equivoqueime".
É ter a ousadía para dicir "perdóame".
É ter sensibilidade para expresar "necesítote".
É ter capacidade de dicir "ámote".
Desexo que
a túa vida se volva un xardín de oportunidades para ser feliz...
Que nas túas primaveras sexas amante da alegría.
Que nos teus invernos sexas amigo da sabedoría.
E, cando te equivoques no camiño, comeces todo de novo.
Pois así serás cada vez máis apaixonado pola vida.
E descubrirás que...
Ser feliz non é ter unha vida perfecta
senón usar as bágoas para regar a tolerancia.
Usar as perdas para refinar a paciencia.
Usar as fallas para esculpir a serenidade.
Usar a dor para lapidar o pracer.
Usar os obstáculos para abrir as xanelas da intelixencia.
Xamais desistas.
Xamais desistas das persoas que amas.
Xamais desistas de ser feliz,
pois a vida é un espectáculo imperdible.
Es un ser humano especial!
Autor Descoñecido.
Comentarios
Publicar un comentario