Farei xurdir un profeta e poñerei as miñas palabras na súa boca - Deut 18, 15-20

Domingo 4 do Tpo. Ordinario - ciclo B


UNHA VEZ HOUBO UN HOME

Unha vez houbo un home 

Que nunca dixo meu,

Petou nas portas do mundo, 

Chamou no meu corazón.

 Falaba con palabras
Que semellaban pombas.

As cousas a súa beira púñanse brancas. 

Nacíalle nos ollos un abrente

Coma un río de luz,
Ou coma un mar afastado, cheo de gaivotas.


Un bálsamo de amor

Tiña aquel home
Para esta miña dor sen nome. Amén

Celso Emilio Ferreiro “Longa noite de pedra” 

Comentarios

Publicacións populares