Preparade o camiño do Señor - Is 40, 1-5. 9-11
Domingo 2 de Advento - ciclo B
| UNHA VEZ MÁIS |
| Unha vez máis, invítasme a preparar os camiños polos que Ti vés traendo boas novas. Grazas, Señor. |
| Porque contas comigo para achandar penedos e vales |
| e para desterrar mentiras e opresións, Grazas, Señor. |
| Por poñerte no vieiro polo que vou camiñando para que te atopemos, Grazas, Señor. |
| Porque entras na miña casa e queres facer dela unha morada nova |
| para todas as persoas que camiñan e se achegan, Grazas, Señor. |
| Ti atopáchesme, e ese toque teu estame transformando. |
| A vida vai xermolando dentro do meu corazón. Grazas, Señor. |
| Ulíbarri, Fl. |


Comentarios
Publicar un comentario